Velos e desvelos


As Consellerías de Educación do Reino de España non poden lexislar en materia de velos islámicos nas escolas. Hai unha razón moi sinxela: nos colexios católicos as monxas levan velo (entre outros elementos de atrezzo confesional). Prohibir ás alumnas musulmanas o que se lle permite ás profesoras católicas sería moi descarado, incluso para un país retrógrado como o noso.

É moito millor apelar á autonomía dos centros. Prefírese a ciruxía menor, actuar caso por caso e centro por centro, para erradicar ese símbolo, sinal ou indicio do que tanto molesta, mediante a conveniente inserción nos regulamentos de réxime interno da correspondente norma prohibitoria.

No caso de Arteixo, que estes días aparce na prensa local, o regulamento foi aprobado a principio deste curso. Descoñezo se foi unha aprobación ad hoc, prevendo a chegada da alumna musulama, ou se a alumna xa estaba o ano pasado. As noticias non dan moitos pormenores, e ninguén dende dentro do centro parece ter dado explicacións pormenorizadas do caso. O importante é que a alumna xa está desprazada de centro por levar un pañuelo. Non se depraza a un alumno ainda que lle chame filla de puta á súa profesora de mates, ou que rompa unha ventana. Pero por levar un velo somos implacables. Si señor.

A Xunta agocha a cabeza e apela (esta vez si) á soberanía do Consello Escolar. Na súa última improvisación lexislativa, o pre-decretiño ese de convivencia, limítase a facer a seguinte observación no seu artigo 10:

«as normas de convivencia poderán conter previsións sobre o atuendo ou vestimenta dos alumnos, orientadas a garantir que o mesmo non atente contra a súa dignidade nin supoña un risco para a súa saúde e integridade persoal e a dos demais membros da comunidade educativa, ou impida ou dificulte a normal participación do alumno nas actividades docentes»

Resaltada en negriña está a porta aberta a discriminación: quede claro que o que resulte atentatorio contra a dignidade o vai decidir un cristián. En case corenta anos de nacionalcatolicismo non se impediu que ningunha española, fose de Lugo ou de Melilla, levara velo. Ese é o camiño que está facendo a democracia española. Xusto cando o islam se está a desislamizar.

Addenda: comunicado do Foro Galego de Inmigración sobre este tema.

Advertisements

8 Comentarios

  1. Gregorovius said,

    Febreiro 13, 2011 ás 01:44

    É que se vai á escola despois no a pode escravizar Inditex.
    Vende velos deses Inditex?

    Pode ser que o velo “atente contra a súa dignidade”, pero ser expulsada do centro non.
    E dicir, segundo esta noticia, a dirección do CEIP de Arteixo, o Concello de Arteixo e a Consellería de Educación son unha morea de imbéciles, a máis de fascistas.

  2. Gregorovius said,

    Febreiro 13, 2011 ás 02:14

    Perdón, teño que excluír a algunhas persoas decentes dese saco:

    A alcaldesa de Arteixo, por esta carta:
    http://www.xornal.com/ficheiro/2011/02/11/arteixo/carta_educacion.pdf
    Tamén o pleno do concello:
    http://www.xornal.com/ficheiro/2011/02/11/arteixo/comunicadocorporacion.pdf

    Pido desculpas, entón ante ese órgano e ante as persoas que o compoñen.

    O principal responsable desta situación é o actual Conselleiro de Educación.
    Concordo coa CIGA:
    http://www.galizacig.com/avantar/files/documentos/Carta_CEIP_Arteixo.pdf

  3. Gregorovius said,

    Febreiro 13, 2011 ás 02:47

    O responsable último é o señor conselleiro.
    Segundo a noticia no Xornal de Galicia, parece ser que o responsable primeiro é un maltratador, con todas as da lei administrativa, se non penal:
    http://www.xornal.com/artigo/2011/02/10/xornal-municipal/arteixo/os-pais-da-alumna-de-arteixo-buscanlle-un-colexio-que-permita-o-veo-musulman/2011021013082100547.html

    A Consellería ampara a xenofobia e o maltrato psicolóxico. O resto da comunidade escolar do CEIP o permite.

    • iesounonies said,

      Febreiro 13, 2011 ás 20:03

      Incrible pero certo. A cuestión do velo oculta un malestar profundo contra a comunidade islámica. A proba é que os problemas aparecen (visualízanse, mais ben) cando quen leva un pano na cabeza non é cristiano. No meu centro unha profesora (cristiana, por suposto… é dicir, de educación cristiana) ven a clase con boina. Non parece ter causado moitas molestias. Xa veremos cando aparezca a primeira musulmana.

      Sen ir mais lonxe, o pano na cabeza forma parte do traxe rexional galego. A norma de prohibir usar un pano na cabeza colisiona de cheo contra infinidade de presupostos programáticos e pedagóxicos da propia Consellería. ¿E no antroido? ¿Permitirase no CEIP de Arteixo ir disfrazado de musulmana con velo? Supoño que sí, claro, porque no antroido permítese levar falda sendo home. Pode vostede levar hiyab (ou como se chame), pero só se o fai de broma. É insultante…

  4. Greogorovius said,

    Febreiro 14, 2011 ás 00:33

    Polo que levo lido semella que detrás deste caso hai unha noxenta intención de recoller votos xenófobos por parte do PP.

  5. Gregorovius said,

    Febreiro 14, 2011 ás 12:24

    As palabras da alcaldesa nunha entrevista en El País:
    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Temo/polemica/velo/extienda/otros/colegios/elpepuespgal/20110213elpgal_7/Tes

    Do claustro do colexio non teño non idea, só vin isto:
    Para Hakim, todo o problema está no xefe de estudos, Benigno Vázquez. “Ela queixábase deste profesor, que da Matemáticas, ao que eu fago responsable de todo o problema porque sempre a molestaba na clase: dicíalle que tiña que quitar o veo porque facía sentir mal ao resto dos alumnos, como se tivese unha enfermidade contaxiosa”, sinala.
    http://www.xornal.com/artigo/2011/02/10/xornal-municipal/arteixo/os-pais-da-alumna-de-arteixo-buscanlle-un-colexio-que-permita-o-veo-musulman/2011021013082100547.html

  6. iesounonies said,

    Febreiro 14, 2011 ás 19:06

    Vai ser cousa dun xusticieiro iluminado, entón.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: