PISA e os estudos de Economía na ESO


Grazas a esta noticia do diario El País, enviada por unha amable lectora, entérome que o futuro informe PISA vai avaliar tamén as competencias en Economía dos alumnos da ESO. Non existe prácticamente formación dese tipo na Secundaria Obrigatoria (agás, creo, un optativo Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras no que, para miña vergoña, non teño nin idea de qué se estuda).

¿Existirá algún día unha asignatura económica obrigatoria para toda a Secundaria? Emilio Botín debe estar remexéndose no seu sillón de coiro. Resulta tentador imaxinar unhas horiñas de clase nas que se lles indique aos alumnos qué tipo de hipotecas non deben pedir, cal é a verdade sobre a propiedade inmobiliaria española, mediante qué subterfuxos legais os bancos apalean os cartos a carretadas, de qué xeito unha oligarquía local ou transnacional domina o mundo das finanzas, de qué maneira cínica Occidente depreda os recursos naturais e o capital humano dos países do terceiro mundo, cómo se privatiza o auga e cómo crecen as desigualdades, qué pocentaxe do capital é meramente especulativo, cómo Goberno pacta cos poderes económicos innomeables a ruina do noso futuro ou cales son os nomes e apelidos dos responsables de todo este desastre…

Deixémonos de soñar e admitamos que, por outra vez, non ímos saír ben parados no informe PISA.

Preparando a vindeira reforma educativa. Fonte da imaxe.

Advertisements

4 Comentarios

  1. Gregorovius said,

    Febreiro 9, 2011 ás 00:55

    Non descarto totalmente que nunha hipotética materia de Economía paro o Mundo Contemporáneo ou algo así entrasen eses contidos. Pero sería ao xeito postmoderno, como foi a CMAS do segundo ciclo da ESO, como é a CMC de 1º de bacharelato, a introdución da Antropoloxía, etc. etc. etc. É dicir, a educación segundo as modas do momento e as ocorrencias de non sei quen.

    Supoño que eses contidos deberían estar en Educación para a Cidadanía (segue existindo esa materia?)

    Desde que se retirou a idea dos contidos transversais (aínda que algún/ha inspector/a segue a pedilos nas programacións) todo é crear materias novas para cada problema social que abrolle nos mass media ou embutilos nas materias “normais”, expulsando así os contidos fundamentais de cada ciencia ou campo de coñecemento.

    O sistema educativo español, polo menos no ensino medio, esta embocando nun pozo de postmodernismo, de superficialidade, de inconsistencia, de incoherencia … En resumo: de estupidez “para todos”.

  2. Gregorovius said,

    Febreiro 9, 2011 ás 00:57

    Perdón! Estupidez para todos/as

  3. iesounonies said,

    Febreiro 9, 2011 ás 01:19

    E ben, o certo é que non educamos para que os rapaces medren e se fagan responsables. Educamos para que se fagan igual que nós: escravos da hipotequiña e o ladrillo, amigos dos coches caros e a roupa de marca, ad maiorem banqueri gloriam, ou como se diga.

  4. Gregorovius said,

    Febreiro 9, 2011 ás 01:26

    :lol: Está ben o latinazo! compre asegurarse da súa corrección nos departamentos de linguas clásicas, se é que queda alguén.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: