Exipto pecha internet


Mubarak declarou hoxe o toque de queda, sacando os tanques á rúa para manter a orde. Neste momento, segundo informa EuropaPress, a cidade de Alexandría está baixo o poder da poboación civil.

O goberno exipcio, asustado polas protestas contra o réxime, é o primeiro do mundo en pechar as telecomunicacións dun país: internet e o teléfono móbil (chamadas e mensaxes) están capados dende onte á noite. Nen un bit de información circula hoxe polo país dos faraóns. Para que logo queran trivializar as protestas na rede. É significativo que soamente funcione unha liña telefónica: a da Bolsa do Cairo. Bussines, bussines

Segundo conta algunha prensa, xa que a xente non se pode reunir en Twitter, a alternativa é quedar na mesquita. Non esquezamos que hoxe é venres, día santo dos musulmáns.

Paréceme que pechar internet non é boa idea. É coma desconectar a televisión: anída máis xente sae ás rúas, como ocurriu aquel 31 de decembro en Vigo, cando no barrio de Coia marchou a electricidade pouco antes das doce bedaladas. A xente saiu das casas e fixo festa fóra. Creo lembrar que cando chegaron os da FENOSA os apedrearon.

Fonte da imaxe: Flickr, vía Público.es.


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: