Relatividade especial


A última reforma das pensións condena a centos de miles de traballadores, dende xa, a non cobrar a súa pensión completa. De feito, os traballadores mais novos, aos que lles espera un futuro de paro intermitente e precariedade constante, necesitarán dúas vidas para poder cotizar o seu retiro. Unha solución einsteniana: en puridade, as pensións non baixaron. Simplemente non será posible cobralas íntegras. É un movemento relativo: o equivalente a poñer un exame sobre 10, e corrixilo sobre 12. Son as leis do mercado, cegas, sordas e mudas.

Mentres tanto a niña mimada do goberno, a banca, segue a recibir cartos públicos para sanearse. Agora toca nacionalizar as caixas de aforros polo módico prezo de 20.000 millóns de lereles (cantidade que, non o dubiden, aumentará se é necesario). A receta do mercado non funciona para este capítulo da nosa economía.

Unha recente sentencia (que sospeito que non superará a apelación correspondente) condena a unha entidade navarra a saldar a hipoteca dunha familia coa mera entrega do ben hipotecante (o piso). É o que se chama en argot inmobiliario dación de pago. O normal é que o banco subaste o piso, salde parte da débeda e o hipotecado pague o resto cos seus bens presentes e futuros. Así, un piso tasado polo banco en 200.000, e polo que concede un préstamo por 180.000, tras a execución hipotecaria o volve a tasar o banco por 100.000. O hipotecado paga a diferencia: queda sen piso e resta endebedado. A banca xoga coas cartas marcadas.

Pero a introducción da dación de pago faría que o banco tuivera que merendarse o piso, quedando o moroso libre de cargas. Ante a recente sentencia de Navarra os bancos están alporizados: se a dación de pago se extende, habería menos créditos e mais caros. Pois vaia ameaza: se os créditos son mais escasos e mais caros, os prezos da vivenda, por mera lei de oferta e demanda, baixarán dende a estratosfera ata o mundo real. Ao pagar menos por eles aumentará a renta dispoñíbel, o que xa non faría tan acuciante a rebaixa einsteniana das pensións.

Pero unha solución tan simple implicaría reducir a transferencia de renta que mensualmente vai parar aos petos dos banqueiros, algo ao cal éstes, que financian aos partidos políticos, non están dispostos. E esa transferencia mensual de renta das xeracións inferiores cara ás superiores non é de abondo. Queren tamén parte das pensións. ¿Por qué? Porque hai millóns de pisos baleiros cuxo prezo sigue caíndo e caíndo. O que sumado ao feito de que a nosa pirámide de poboación ten forma de fungo nuclear fai que os acreedores das nosas entidades financieiras pidan mais garantías de cobro. Esa garantía son as pensións. Non hai que ser un xenio para entendelo.

Pero queda unha segunda parte. As mesmas entidades que van fagocitar os cartos da nosa xubilación xa están a frotarse as mans. A resposta do populacho, alarmado, vai ser facerse plans de pensións privados… nos mesmos bancos que previamente lles roubaron as pensións públicas. Ao tempo, porque cando eses plans de pensións privados dean en quebra (que darán, por suposto) os cubrirá o Estado, e voltaremos a pagar por terceira vez… a cambio de nada.

Non mexan por nós. Estamos entrenados para facelo soíños…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: