Washington Post Experiment


En xaneiro de 2007 o Washington Post fixo o seguinte experimento: grabou con cámara oculta un concerto de 45 minutos a cargo dun violinista na estación L’Enfant Plaza da capital de Estados Unidos. Nese espazo de tempo pasaron por diante do intérprete 1097 transeúntes. Vintesete persoas lle deixaron un total de 52,17 dólares. Soamente sete foron quen de parar a escoitar. E soamente unha (que deixou 20 dólares) recoñeceu ao eminente violinista Joshua Bell interpretando algunha das mais complexas composicións para ese intrumento, entre elas a chacona de Bach. O violín empregado era un Stradivarius (en concreto, o chamado Gibson Stradivarius) valorado en 3,5 millóns de euros.

Uns días antes Joshua Bell dera un concerto en Boston: o asento mais barato costaba 100 dólares.

O redactor da noticia gañou o premio Pulitzer.

Grazas, M., por lembrarme esta vella historia.

Bell na estación L’Enfant Plaza

Advertisements

4 Comentarios

  1. como che digo said,

    Xaneiro 24, 2011 ás 02:24

    É descorazonador pensar cńata beleza nos perdemos porque non nos paramos a escoitar ou a mirar. Un exército de autómatas programados para chegar a tempo ao traballo, pasando de longo, sen que nin sequera lles roce unha música que parece soar nun universo que non é o seu …Tal vez se o metro se demorase e tivesen que quedar un intre, non serían quen de marchar despois. Ou o desacougo e os nervos da demora tamén lles impedirían escoitar. Civilización, non si?

  2. Iznogud el infame said,

    Xaneiro 24, 2011 ás 11:20

    …Ás veces o que pasa tamén é que apreciamos as cousas polo seu envoltorio e non percibimos os contidos se nonestán convintemente presentados.

    • iesounonies said,

      Xaneiro 24, 2011 ás 17:56

      Ser e parecer, esencia e apariencia. Mais do mesmo. En realidade non só o público (pola ubicación da estación, altos funcionarios e oficinistas de certo ringo-rango) situouse onde realmente está. Joshua Bell (quen, segundo o artigo do Washington Post, pasou o pero momento cando ninguén aplaudiu ao terminar cada peza) estaba onde soen estar os artistas de toda pelaxe: mordendo o polvo da rúa. Distinguir un bo violinista dun virtuoso non é algo que se faga de xeito natural: hai que ter algo de práctica. Boa parte dos aplausos que Joshua recibe o resto do tempo son unha parodia pactada pola que se paga 100 dólares.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: