Parecidos razoables (2)


Seguindo coa nosa sección de parecidos razoables, hoxe presentamos unha fermosa idea musical de Bach, inspirador de moitas páxinas deste humilde bloguiño.

A melodía semella nacer en 1729 na cantata BWV 156, concretamente do primeiro movemento en forma de sinfonía para oboe solista, e é unha das mais fermosas composicións de maestro da peluca. Versionada mil veces, a poden escoitar agochada en spots publicitarios e películas da mais diversa pelaxe.

Bach compuso en 1738 unha segunda versión para chémbalo e orquesta, BWV 1056, que foi moi criticada na súa época por exceso ornamental. Capitaneou a rebelión estética o seu ex alumno Adolph Scheibe. Bach nin se inmutou, deixando aos seus seguidores a tarefa de defender os postulados barrocos fronte ao novo clasicismo incipiente. Comparar as dúas vesións (que ofrecemos mais abaixo) pode resultar interesante para comprender o gusto de Bach (e do barroco en xeral) polos adornos e complicacións interpretativas.

É interpretada actualmente para violín, para frauta traveseira, para piano só (versión de Stradal), para piano a catro mans (versión de Waldersee), para dobre piano, para dobre guitarra, para guitarra soa, para violín e piano, para violín, órgano e cordas, etc, etc, etc.

Só unha partitura tan sólidamente construída, e ao mesmo tempo tan sinxela, é capaz de soportar esa cantidade de variacións e combinacións instrumentais seguindo cánones tanto barrocos como anticipadamente clásicos ou románticos.

Escollan a súa versión preferida e disfruten. Esto só é unha selección.

Orixinal, para oboe e orquesta, cantata BWV 156

Concerto para cémbalo e orquesta, BWV 1056

Outras versións:
· Frauta e orquesta · Violín e orquesta · Dobre piano · Piano só · Doble guitarra · Cello e piano · Inclasificable

Advertisements

4 Comentarios

  1. Félix said,

    Xaneiro 13, 2011 ás 12:02

    Precioso. ¿Qué siginifica BWV?

  2. Xuiz e parte said,

    Xaneiro 15, 2011 ás 14:11

    Dificil decidirse entre “dobre piano” e “Violin e orquesta”

    • iesounonies said,

      Xaneiro 15, 2011 ás 14:19

      Supoño que por deformación eu prefiro a frauta traveseira, se ben na miña opinión o timbre do oboe é insuperable. Bach deulle sempre un tratamento especial ao oboe en moitas das súas composicións. É un instrumento incomprensiblemente esquecido despois do barroco, pese a sonoridade que ten; tal vez sexa debido á dificultade de aprendizaxe (é un instrumento de dobre lengüeta, como a gaita galega).

      Revisando algúns libros, noto que omitin dicir que segundo a investigación musical e o consenso entre musicólogos esta peza foi orixinalmente composta para violín, se ben o concerto en Sol menor do que formaba parte perdeuse, como tantas obras de Bach.

      Saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: