Dairas


A Consellería de Educación ven de conceder un premio ao proxecto Dairas, sobre a situación dos refuxiados saharauis en Tinduf (Alxeria), realizado polo Taller de Creación artística do IES Manuel García Barros da Estrada. O resultado foi unha cortametraxe de animación que ven de colleitar recoñecementos en diferentes festivais de cine.

Está disponibel un completo bloguiño con información de cómo fixeron todo o proxecto dende o seu inicio ata hoxe. Déixolles o vídeo da noticia aparecida na TVG e o trailer da película. Por desgraza, non atopo a ligazón á película: supoño que non existe na rede por razóns comerciais.

En todo caso, ver qué boas cousas se fan noutros centros resulta todo un impulso para voltar ao traballo o luns, tras uhnas longas vacacións. Que o disfruten!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: