Hai outros mundos, pero están neste


Cóntame un perplexo director dun instituto cercano que no último claustro para analizar os resultados académicos do primeiro trimestre (resultados por outra banda, e con escasas excepcións, desastrosos) se empregaron pouco mais de cinco minutos, seguidos de algunha intervención solitaria. Nesa mesma reunión un debate posterior centrado na necesidade ou non de abrir unha cafetería no centro consumiu tres cuartos de hora, con abundantes e variadas intervencións. Ese mesmo parecer exténdese aos pais e aos alumnos do centro, que tamén consideran prioritario o asunto da cafetería, pero non perciben como problema unha elevada tasa de suspensos.

Dicia Paul Éluard que “hai outros mundos, pero están neste”. A persoa sentada ao teu lado vive nun universo paralelo, unido ao teu por un delgado fío ao que xenerosamente chamamos comunicación.  Realidades paralelas que apenas se conectan co delgado fío que liga unha plantación de tomates con un porco, por exemplo.

E falando de sobredose de realidade, a realidade única que se pode ignorar pero que non se pode facer desaparecer, non podo deixar de traer aquí este pequeno e só aparentemente absurdo documental que recomendo ver ata o final. Felices festas, e tal…

Documental A ilha das frores, de Jorge Furtado. 1989. Versión orixinal, aquí.

Documental atopado en www.halondisparando.com.

Advertisements

4 Comentarios

  1. cousas said,

    Decembro 24, 2010 ás 00:27

    Como ben dis, a taxa de suspensos non a perciben como un problema; é un problema co que na secundaria estamos acostumados a vivir, así que xa desenvolvimos unha tolerancia ao mesmo. Outra cousa sería se, repentinamente, hobese unha avaliación cuns resultados catastróficos nun contexto onde a gran maioría do alumnado tivese sempre unha nota media de notable; entón supoño que xurdiría un largo e apaixoado debate sobre causas e solucións. Co que temos, supoño que xa case ninguén cre que outra realidade sexa posible, e uns malos resultados académicos son o esperable e o debate sobre eles un razoamento estéril. En cambio, a cafetería é algo concretísimo, e un centro sen ela unha rara avis no pais da cultura do bar. Como a normalidade nos consuela e tranquiliza, un alto número de suspensos non desacouga a ninguén; non somos distintos por iso. Pero claro, non ter cafetería rasca; cando eu estudaba cou, no instituto, que era novo, tiñamos bar pero non biblioteca; non lembro que fixésemos protesta algunha por iso.

  2. Anónimo said,

    Decembro 24, 2010 ás 02:56

    ¿Y como pretendes que sin un bar podamos sentirnos dueños de nuestro dinero? ¿Dónde nos lo vamos a gastar? ¿En qué lugar vamos a exteriorizar nuestras diferencias de clase?

  3. Gregorovius said,

    Decembro 24, 2010 ás 04:34

    Sobre o documental:
    Esses mamíferos com celebro desenvolvido e polegar oponível que apanham o que o não serve para os porcos, devem pagar a dívida que o seu país deve a não sei quem:
    http://video.google.com/videoplay?docid=297944284192645565#
    E o sistema educativo deve manter à gente inconsciente disso.

  4. iznoguz el infame said,

    Decembro 24, 2010 ás 18:23

    Ao mellor seguimos a ter pánico a afrontar o fracaso que supón o noso traballo.

    Como detalle, ahí está o nulo nivel de autocrítica.Parece máis fácil aceptar unha realidade por desagradable que sexa que asumir a responsabilidad persoal do fracaso.

    ..Iso por non falar dos que (que os hai) están encantados coa fama de oso.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: