Educación obrigatoria e sistema penal


“Si no está al alcance de la mayoría no es básico (…) la enseñanza obligatoria no puede jugar una función selectiva; la función del sistema educativo no es seleccionar a los mejores, si no ayudar a todos; porque resultaría injusto que tú me obligaras a estar [escolarizado] durante ocho, nueve diez u once años para decirme que no sirvo; si me has obligado, ayúdame.” (José Moya)

O fracaso escolar español é do 30%, o galego ronda o 25%, e nalgúns centros (como o meu) coquetea co 50%. A derradeira institución conscriptora que queda tras a abolición do servizo militar obrigatorio é a escolarización ata os 16 anos. Para un de cada tres, ou de cada catro, ou de cada dous, a institución escolar funciona pura e simplemente coma un réxime de confinamento no que non existe nin a redención de penas polo traballo. A escandalosa situación corre parella a outro fenómeno igual de preocupante: o endurecemento do Código Penal de Hispanistán (o mais terrible do noso entorno, con tasas de reclusión e prolongacións de pena propias dunha dictadura), no que a cadea perpetua de facto e a aniquilación do individuo producen exactamente os mesmos resultados que o ensino obrigatorio: a doma e castración da clase baixa, á que se lle educa non só para recibir palo tras palo senón para agradecelo, oportunamente administrado todo pola clase media (profesores e funcionarios de prisións).

Por moito que aparentemos modernidade e cambio, democracia e tolerancia, seguemos a ser unha sociedade fea, católica e sentimental. É dicir, acomplexada, atemorizada e irracional. Veremos se o empobrecemento da casta docente a base de recortes salariais reorienta a nosa fidelidade de clase, e en vez de protexer os intereses das élites que nos instrumentalizan comezamos a axudar ao pobo que, no fondo, é quen nos da de comer.

Vídeo atopado en Ludus Naturae.

Advertisements

5 Comentarios

  1. Gregorovius said,

    Decembro 18, 2010 ás 21:48

    Ola,
    Vou cambiar o URL da miña entrada. Cambiara o título e esquecín cambiar o URL. Se queres actualiza a referencia.
    É que como defendía a LOE xa o collín polo lado malo, pero este home di cousas interesantes. Polo menos é a primeira vez que entendo algo.

  2. Gregorovius said,

    Decembro 18, 2010 ás 22:29

    Pregunta ese home, no vídeo “Adquirir una competencia en el ámbito educativo”:
    ¿En qué estamos ocupando el tiempo del alumno? ¿Con qué?
    Pois por exemplo no que comenta o colega César Salgado:
    http://cesarsalgado.wordpress.com/2009/10/30/joaquina-prades-clase-de-religion-o-de-nada/

  3. iesounonies said,

    Decembro 19, 2010 ás 03:52

    O meu centro ten unha denuncia interposta pola profesora de relixión católica ante a xefatura territorial polo tratamento da atención educativa; parece ser que os alumnos fan deberes e tarefas varias nesa hora, e iso discrimina aos alumnos católicos; haberase visto, uns alumnos estudando…

    [edited by administrator]

  4. Gregorovius said,

    Decembro 19, 2010 ás 16:42

    Si, parece ser que iso vai en contra da LOE.
    Pero a reclusión de menores privándolles dos medios para o seu desenvolvemento persoal e social vai en contra de leis superiores á LOE.

    • iesounonies said,

      Decembro 19, 2010 ás 17:54

      Buah… irá en contra da LOE que o profesor lle obrigue a facer deberes (ou calquera outra cousa): o que non vai en contra da LOE é que un rapaz estude cando non ten nada millor que facer, se el mesmo así o decide. A non ser que interpretemos que a LOE prohíbe que un cativo aproveite o tempo…

      Edito: e grazas pola ligazón a ese artigo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: