Pisa


Disque nunha das últimas reformas (ou contrarreformas) ao Ministerio de Educación lle sobrou unha horiña en 1º da ESO que non soubo onde meter. Tanto menear os plans de estudos, poñer materias aquí, aumentar alá, diminuir neste outro sitio, e ao final as contas non lle cadraron ben. Como non souberon qué facer inventaron unha materia de 1º da ESO que en Galicia viu a chamarse “Proxecto Interdisciplinar” (cónstame que en Andalucía chamouse “Hora de libre disposición”, ou algo parecido). O Proxecto Interdisciplinar é unha chorradiña que leva nota, pero que non conta para a promoción, e na que se non se fai nada tampouco pasa gran cosa. Serve para cuadrar as contas: completa o horario dos profes (a pode dar calquera) e, teóricamente, serve para facilitar o paso da primaria á secundaria. Os alumnos, supoño, toman boa nota do detalle: comeza unha longa perda de tempo de catro anos chamada ESO, con ducias de materias por curso, moitas delas sen substancia de ningún tipo (xa falaremos outro día da atención educativa, que non é o mesmo pero é igual).

O último informe Pisa elaborado pola OCDE deixa ao país onde se suponía que estaba: como nos temíamos, o sistema educativo é unha chufla. Gustaríanos que o próximo informe Pisa llo fixeran non aos alumnos, senon aos planificadores do sistema educativo. Non caerá esa breva.

Advertisements

2 Comentarios

  1. Gregorovius said,

    Decembro 15, 2010 ás 01:55

    Formación del Espíritu Ciencias para o Espíritu, perdón!
    Ciencias para el Mundo Contemporáneo tamén é algo aśi. Quizais tamén unha compensación a Relixión Católica.
    Toda a mocidade, toda a xente a perder a súa mocidade en aulas absurdas.

  2. Gregorovius said,

    Decembro 15, 2010 ás 01:58

    No desbarre de tachar quedoume un artigo en castelán … moito menos do 50%, en todo caso.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: