A doutrina do shock


Primeiro, e como quen non quere a cousa, o goberno apreta o pescozo dun colectivo ata mais alá do resistible. Logo, ese colectivo fuxe desconcertado cara adiante e desenvolve unha conduta gravemente perxudicial para centos de miles de persoas. O perxuizo causado serve de xustificación ao goberno para tomar medidas de excepción. Finalmente, a maioría aplaudimos o golpe na mesa: a premura impide prestar moita atención ao feito de que as medidas tomadas son de dudosa legalidade.

O Dereito Penal ensina que a causa da causa é a causa do mal causado. Pero a memoria é corta, e esquece a orixe dos problemas, así como as previsibles consecuencias que ten para todos nós asumir que os conflitos laborais se poden resolver a punta de baioneta. Despistados polo shock, vemos as consecuencias ignorando as razóns, vivindo nun mundo de efectos sen causas. A imposibilidade absoluta de estar de acordo con unha das partes fai que automáticamente deamos a razón á outra, segundo as vellas regras do maniqueísmo político e pese a que non se ocultan as premisas mais siniestras: quen bota un pulso ao Estado perde.

Vaian aprendendo todos esa lección. É a Doutrina do shock.

Advertisements

1 comentario

  1. Decembro 9, 2010 ás 17:56

    Cando militarizaron aos controladores aéreos
    gardei silencio,
    porque eu non era controlador aéreo.

    Cando militarizaron a …

    É o primeiro que me veu á cabeza, o famoso poema de Martin Niemöller.

    Pero “non hai que preocuparse”, todo se xustifica co de que “son uns privilexiados”.
    Tamén os xudeus eran uns privilexiados, ou iso é o que se dicía deles.

    “Hai que dar confianza a Os Mercados”. Iso é o único que ten validez hoxe.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: