Good Bye, Papito


Finalmente, todo foi un bluff. Non acudiu tanta xente como se pensaba.

Marcha o xefe de Estado Vaticano, que pese ao bo (e caro) recibimento que tivo non evitou comportarse como un maleducado, inmiscuíndose en asuntos internos do estado anfitrión. Así, por exemplo, tomouse a liberdade de advertirnos que o agresivo laicismo actual en España ten os mesmos tintes que o anticlericalismo dos anos trinta (a antesala da guerra civil). Queda claro que para Ratzinger (para os católicos e para os monoteístas abrahámicos en xeral) calquera que non crea nas súas supercherías é unha ameaza agresiva. É o que ten estar en posesión da Verdade Absoluta.

Pode estar seguro que se tal cousa fora certa (o do laicismo dos anos trinta) tería saído a gorrazos do Obradoiro. Pero mais ben ao contrario, miles de policías (calcúlase que 1 poli por cada 10 habitantes de Santiago), pagados cos impostos de aqueles a quenes insulta, o protexeron na súa fugaz (e estéril) visita a unha cidade semivaleira.

O encubridor de pederastas Ratzinger coidouse ben de poder caer nas gadoupas da xustiza: por onde pasa o protexe o manto da inmunidade (ou impunidade) extraterritorial, un artefacto xurídico que, segundo estudiei no sue día en Dereito Penal, xa non existe como tal, pero que a este señor se lle aplica baixo a protección dos antidisturbios.

Ratzinger ten un pasado escuro, do cal renegou. Del parece que dixo:

“…mis años como adolescente fueron empañados por un régimen siniestro que creyó tener todas las respuestas. Su influencia creció, infiltrándose en las escuelas y organismos cívicos, así como en la política e incluso en la religión, antes de que fuera plenamente reconocido como el monstruo que era”

Non falaba da Igrexa Católica. Falaba do nazismo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: