Moito se fala (e mais se falará aínda) do estado de postración do ensino medio, da necesidade de facelo mais eficaz e da urxencia de privatizalo por ser un sistema plagado de funcionarios pouco responsables, caros e fora de control.
Con razón ou sen ela, a ninguén se lle ocorre valorar as profundas desventaxas da privatización do coñecemento. A Universidade de Zaragoza ven de crear a primeira cátedra de homeopatía, esa ciencia que consiste en disolver no Mar Mediterráneo unha botella de Fairy para logo pretender lavar nel os pratos da comida.
Ventaxas da privatización: a cátedra está financiada por un laboratorio farmacéutico que, adiviña adiviñanza, vende remedios homeopáticos. Logo ridiculizamos aos iankis por ensinar creacionismo na escola…
Deixar unha resposta