Soltando pola boca


“Eu son profesor que intenta facer o seu traballo na Universidade, intentando educar á xente (…) Se piden moitas escolas, se fan centros, se fan probablemente mellor dotados que nunca. Pero ninguén cuida do que se ensina dentro (…) ¿Que se ensina dentro? Eu voulo decir: se ensina veneno. Ensínase veneno alí dentro. E non o digo de broma.  (…) Eu todos os anos, eu dou clase de Políticas (…) [pregúntolles aos novos alumnos] quén é de dereitas (…) Non levanta ningún a man (…) E por qué? Se [os alumnos] estudan veneno, aprenden muito veneno. Para borrar ese traballo hai que facer moito traballo de Dios (…) Para quitar a esquerdallada toda  que tiñan na cabeza houbo que traballar muito. Eu lles pido (…) que non fagades caso do que vos dín nos institutos (…) e sobre todo no de aquí [no de Melide], que non sei que raio ten que non me chegou un bó aínda”.

Incontinente e polémico, o señor Bastos Boubeta pode disfrutar da súa liberdade de expresión e cátedra. Sendo profesor de Ciencia Política (mais política que ciencia, paréceme a min) saberá que en democracia pódese facer o pallaso diante da xuventude sen que ninguén o acuse de impiedade. Pero eso non o convirte nun sócrates de medio pelo: quédase no que é, un simple pallaso ignorante. Ata aí, todo ben.

O que resulta sorprendente (ben, en realidade non me sorprende nada) é que o señor Conselleiro de Educación Jesús Vázquez Abad, quen lle segue pouco despois no turno de palabra, e que é o máximo responsable do que sucede nos institutos de toda Galicia, non diga nin palabra sobre a sarta de imbecilidades que ven de escoitar. Quen debera limpar a imaxe dos centros educativos que xestiona (ou ben iniciar de inmediato unha investigación no IES de Melide) simplemente cala e outorga.

En efecto, como dín por ahí, é millor calar e pasar por tonto que falar e despexar todas as dúbidas.

Vídeo completo de pallasada, aquí. O interesante, a partires do minuto 28:00. O Conselleiro fala a partires do minuto 43:52. Noticia atopada en Chuza.

Herr Otto Flick

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: