Aprobados e suspensos


Esta ponte de defuntos estiven encerrado nunha casa da montaña do Bierzo en compañía de seis persoas, tres delas, amáis de min, profesores. En total, estaban representadas catro materias distintas. Dado que non estaba o tempo para saír a dar voltas polo monte ocurriu o inevitable: unha competición de exames. Os profesores aproveitan as vacacións para correxir exames, e iso facilita ter material orixinal para someter a proba a todos os presentes. Non revelarei as notas dos demais profes e non profes sometidos a escrutinio (que foron un auténtico desastre), pero si as miñas. En matemáticas de 2º da ESO saquei un 4 (e despois de segunda corrección), e en Historia de 2º de Bacharelato un 3,8 sobre 7 (que se non fago mal as contas, é un 5,4). A primeira foi a nota mais baixa e a asegunda a mais alta de cantos se presentaron a calquera dos exames. Algún levouse unha gran alegría ao ver suspender sen remedio a un directorciño de priovincias.

É algo do que xa avisáramos noutra entradiña titulada Terribilidades, e que non me causou sorpresa ningunha nin entón nin agora.

Cero cum laudem.

Advertisements

3 Comentarios

  1. cousas que se din said,

    Novembro 2, 2010 ás 00:11

    Hai anos había un profesor na escola náutico-pesqueira de onde eu vivo (ensinanzas de FP) que era coñecido por inaugurar as clases cun discurso deste calibre: “Para aprobar esta asignatura hai que saber tanto coma min; para ter un ben, máis ca min; para un notable, tanto coma deus…e un sobresaínte…un sobresaínte non o ten ninguén”. E así é en moitos casos nos IES; especialistas (ejem) na nosa materia, pretendemos que o alumno tamén o sexa, sen darnos conta de que a nosa materia é apenas un 10% do que ten que saber para superar o curso, e de que se tivese que acadar o grao de especialista en todas sería un Leonardo Da Vinci. Especialistas (ejem) na nosa materia, non miramos ás outras para descubrir o puco que sabemos e cánto máis saben os nosos alumnos ca nós. Sería unha cura de humildade sanísima que os profes fixésemos os exames finais de tódalas materias dos niveis que impartimos…

  2. prrrr said,

    Novembro 2, 2010 ás 01:07

    De todas? Bastaría con que algúns fixeran os exames das súas propias…

  3. Novembro 2, 2010 ás 02:09

    Se sacaches un aprobado raspado nunha materia de segundo de bacharelato que non é da túa especialidade mereces un premio Nobel. Noraboa.
    Eu aprendo un montón lendo os libros de texto cando fago gardas en 1º da ESO, peor o de 2º de bacharelato é algo monstruoso.
    A estúpida verborrea pedagóxica nos textos legais e en outros textos de humor de mal gusto, como as programacións segundo Santa Inspección, non teñen nada que ver coa crúa e cruel realidade.
    A educación en España é outra vítima de 1936, e aínda está sen localizar a fosa.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: