Obxeción de conciencia e Educación para a Cidadanía


O TSJ de Andalucía ven de recoñecer o dereito duns pais a non ter que cursar Educación para a Cidadanía porque o libro da editorial McGraw Hill é “adoctrinador”.

A noticia é celebrada polo Foro da Familia (1), unha organización fundamentalista cristiana que asesora a iniciativa xudicial dunha familia de Bollulos del Condado

Segundo expón o citado Foro, a sentencia reabre a vía xudicial contra a asignatura, porque “el TSJA reconoce que EpC posibilita un adoctrinamiento ideológico incompatible con la Constitución y que de ello se deriva la existencia de un derecho a no cursarla, para evitar tal adoctrinamiento“.

Coas mesmas, a asignatura de Química tamén posibilita o adoctrinamento.

En ningunha das noticias se reproduce parte algunha do libro, pero valga este comentaro á sentencia, sacada da web da organización ultraconservadora HazteOir:

Respecto a las unidades relacionadas con la sexualidad, el TSJA dice en su resolución que, cuando se habla de que junto al matrimonio tradicional están apareciendo nuevos tipos de matrimonios y de relaciones entre parejas como las familias monoparentales, las uniones de hecho, las parejas abiertas o las parejas homesexuales, el autor “vuelve a relativizar desde la óptica de las convicciones morales cristianas de los recurrentes el concepto de familias con nuevas fórmulas cuestionadas moralmente u objeto de controversia en la sociedad española”.

Haberá que ler a sentencia (ainda non o fixen porque o enlace non funciona). Paga a pena ler, en todo caso, o voto particular de dous maxistrados do TSJA.

_________________
(1) Enlaces (copie e pegue):

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: