Carolina’s skirt


O feito de que nas aulas de música de sexto de primaria do colexio da Laxe de Marín, e en moitos máis colexios do noso país, os/as nenos/as estuden a canción tradicional A saia da Carolina en castelán provoca risa primeiro e indignación despois. A carón doutros temas en castelán e inglés, A saia da Carolina vén traducida no libro de texto -redactado en galego ata o ano pasado- como consecuencia da aplicación da política lingüística da Xunta de Galicia e coa inten ción de conseguir unha falacia imposible, o bilingüismo harmónico. Lido no blog A saia de Carolina en galego.

Marx dixo que Hegel afirmou que os feitos históricos e os grandes persoeiros aparecen, coma se dixéramos, dúas veces: unha vez como traxedia, outra como farsa. Rematada a era Fraga comeza a era Feijóo.

La falda de Carolina te tiene un lagarto pintado.
Fonte da imaxe: El Correo Gallego (click para ampliar)

Aclaracións: a traducción dos libros de música ao castelán, consecuencia da aplicación do Deceto de Plurilingüismo y Bien Hablar, consistiu, neste caso, na introducción de libros de texto que se empregan noutras comunidades autónomas, sen, ao parecer, revisión algunha. Todo un exemplo de economía colonial: expórtase materia prima que logo se merca elaborada. Por outra banda, non está de mais, para unha cabal comprensión do caso, prestar atención a este comentario dun tal inigobarreiro na propia noticia do Correo:

Non serei eu o que diga nada sobre o recente Decreto de Plurilingüismo, cheo de erros na súa propia concepción e mesmo na súa apresurada aplicación, pero hai que aclarar unha cousiña: “A saia da Carolina” non é (como ocorre con gran parte do folclore en toda Europa) unha canción exclusiva do patrimonio galego. En León, como poco, forma parte do repertorio popular dende sempre. A súa versión en castelán, eso si, non é ” a falda de Carolina” senón “el mandil de Carolina”.

Pódese comprobar o que digo nesta páxina da Fundación Joaquín Díaz, un dos maiores expertos en música popular ibérica:

http://www.funjdiaz.net/folklore/07ficha.cfm?id=2442

Nesa páxina podemos atopar a referencia desta canción de ronda no cancioneiro de PEDRO ECHEVARRÍA BRAVO, no número 79: “Las faldas de Carolina. Romería. Toral” (Toral de los Vados, onde naceu a miña nai).

No cancioneiro de León de JUAN TOMÁS, do ano 1946, aparece esta referencia:

248. El mandil de Carolina. De Villamartín del Bierzo. Franciscanos.

Advertisements

1 comentario

  1. Xuiz e parte said,

    Outubro 17, 2010 ás 22:53

    Mais sobre a Carolina:


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: