Últimas pailanadas dende o planeta Galicia


A concesión de axudas para a compra de libros estivo este ano caracterizada pola introducción de datos.

Os técnicos da Consellería de Axitación e Propaganda decidiron que a inmensa base de datos do Siega (onde se garda ata o ADN de cada alumno e o dos seus pais) non serve para nada, e obrigaron a todos os directores (millor dito, a todos os administrativos dos centros) a introducir un por un os datos de todos os alumnos co obxecto de tramitar as miserables becas de turno. O único habilitado para introducir todos ese datos (nome, DNI, dirección, número de expediente, etc, que só no meu contro son mais de 400 alumnos da ESO) era o director, sen posibilidade de habilitar a ningunha outra persoa. Ata ahí chega a estulticia do planificador informático de turno. Se non son capaces de facer iso, moito menos serán capaces de importar unha base de datos que xa está introducida dende hai semanas, ou anos: a megabase de datos dos alumnos de cada centro. Algo que calquera mozo da wikipedia faría en dúas horas. E sen cobrar.

¿Cantos centos de miles de horas de traballo despilfarradas supón tanta incompetencia? ¿Que consecuencias ten provocar que as administracións dos centros leven dúas semanas paralizadas para xestionar todo ese papeleo? ¿Cal será a próxima falcatruada dos iluminados? ¿Enviar as notas en código morse?

Por certo: o prazo para a tramitación de todo o proceso é de tres meses. Tres meses que, se supón, os alumnos poden estar sen libro de texto.

Non pasa nada, somos plurilingües.

The Idiot Monument. Colorado, EEUU.

Advertisements

7 Comentarios

  1. Outubro 8, 2010 ás 00:48

    Todo o sistema informático da dita consellería está non funcionando ou funcionando horriblemente dende o comezo deste curso.
    Os aspectos administrativos do comezo do presente curso son o maior desastre habido na historia da dita consellería.
    Por estes motivos, e por todos os demais que todos coñecemos:
    O impresentable individuo que ocupa o cargo de Conselleiro de Educación (sen exercelo) debe dimitir hoxe mesmo, sen esperar nin un horrible día do curso 2010-2011 máis.
    Penso que vai sendo hora de tomar isto en serio e mobilizármonos con contundencia.

  2. iznogud el infame said,

    Outubro 9, 2010 ás 00:33

    Mobilizármonos con contundencia?
    Me temo que nun colectivo como este, experto en manexar o manual das 1018 excusas para non ir a unha folga, isto é pouco menos que imposible. O que non xoga a ser equidistante, ou se colle a picha con papel de fumar para non macharse, esta quietiño entonando o “virgencitaquemequededondestoi”
    Pero se non estan a quitalo soldo e non dicimos nin mu!

  3. Outubro 9, 2010 ás 00:59

    Alguén sabe por que nos teñen secuestradas as webs dos centros e as aulas virtuais? Un día avisaron dun corte de 12h, pero o certo é que no que vai de curso están totalmente inutilizables, porque nunca se sabe se van funcionar ou non.

    • iesounonies said,

      Outubro 9, 2010 ás 11:23

      Gregorovius: porque houbo unha migración a unha nova plataforma, ou como se chame, e os datos vellos, polo xeral, perdéronse. Certo é que avisaron antes de facelo.

      • Outubro 10, 2010 ás 17:36

        Pois a min non me avisaron de nada, só ese correo-e do corte de 12 horas. Quizais é fallo do persoal do meu centro, a xulgar polo que dis.
        E se “houbo” unha migración a outra plataforma, debe ser a plataforma da NADA, porque non hai nada, nin sequera plataforma.
        O que entendín no das 12 horas é que era problema do servidor de [http://centros.edu.xunta.etc].
        E se perden datos, en “centros.edu.etc”, tamén os poderán perder en XADE, e no SIEGA en xeral. Estamos aviados!
        É un xeito rápido e eficaz de acabar cun País Inimigo: destruír os seus arquivos informáticos (agras queimadas s.XXI). Será iso?

  4. iesounonies said,

    Outubro 10, 2010 ás 17:48

    Gregorovius: eu referíame ao aviso que deron o ano pasado, caro o final de curso; avisaron que había que gardar copia de seguridade dos contidos das páxinas; o aviso foi enviado ás contas dos centros; tal vez ao dire do teu centro se lle esqueceu reenviar a mensaxe;

  5. Outubro 11, 2010 ás 00:32

    Vaia! Pois debe ser iso. Grazas pola paciencia. ;-)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: