Acelere frenando


O calendario escolar do presente curso,  establecido mediante Orde do 3 de xuño de 2010, dispón graciosamente as seguites datas: a matriculación dos alumnos terá lugar ata o venres 10 de setembro; as clases comezarán o venres 17 de setembro.

Entre medias, o claustro debe reunirse, e tras el os departamentos para distribuir as asignaturas entre os profesores. Antes diso débese recontar a matrícula, distribuir aos alumnos por grupos e determinar as optativas que se imparten este curso. Despois confeccionar os horarios sen desatender a administración ordinaria do centro. E todo no tempo récord de 7 días.

A Orde presupón, en primeiro lugar, que os sábados e os domingos inevitablemente se traballa (para recontar a matrícula de máis de 600 alumnos). Tamén inevitablemente presupón que o luns 13 reúnense o claustro e os departamentos para distribuir as materias. Presupón que entre o martes 14, o mércores 15 e o xoves 16 (tres días, mais medio luns) se forman os grupos de alumnos, se confeccionan e reparten os horarios e se distribúen as aulas dun centro de gran tamaño (un ordenador tarda só en procesar esa información cerca de 24 horas, sen incluir a súa programación previa e a carga de datos, que leva bastante mais de tres días).

O que non presupón a Orde da Consellería é qué ocorre se o luns 13 é festivo local: o tempo para facer todo iso redúcese a dous días (e medio), supoñemos que coas súas noites.

E así funciona este negocio: fai o calendario xente que hai décadas que non pisa un centro escolar.

Velocidade máxima: 120 – Velocidade aconsellada: 50
Velocidade mínima en autovía: 60
Os nosos planificadores, sempre coas cousas claras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: