A irrumación como postura diplomática


Uns españois viaxan a O Aiún, no Sáhara Occidental, e a policía marroquí malla neles ata fartarse, deixándoos eivados. A resposta do Goberno español é que “está comprometido con la defensa de los derechos de sus ciudadanos en el extranjero,  reitera la necesidad de respetar la legislación vigente y confía que estos incidentes no vuelvan a producirse“.

O Goberno español afirma que os seus cidadáns teñen que respectar a lei marroquí fóra do territorio marroquí. Algo que calquera estudante de primeiro de Dereito sabe que non é xurídicamente consistente.

O Sáhara Occidental é un territorio sen descolonizar apropiado unilateralmente por Marruecos ante a pasividade interesada do Estado Español, á vista dos seus negocios empresariais e políticos e os do seu Xefe de Estado, Juan Carlos I de Borbón, autoproclamado irmán do monarca alahuita (supoñemos que a falta do irmán de sangue sobre o que previamente Juan Carlos cometeu homicidio).

Non hai obriga para que o estado español suxira sequera aos seus nacionais que cumpran a lexislación marroquí nun territorio de non é oficialmente recoñecido como dependente de Marruecos: afirmar outra cousa é, como mínimo, tomar partido por unha das partes na disputa, e como máximo, o colmo da diplomacia irrumatoria.

A Razón de Estado xustifica, prima facie, esa deixación de funcións. Porque a Razón de Estado é un criterio de ponderación entre os intereses dos particulares e a supervivencia da institución estatal: os primeiros deben sacrificarse para salvagardar o segundo.

Pero non sexamos inxenuos: os intereses dos empresarios españois e do monarca, autoproclamado irmán do alahuita, non son os intereses dos españois: son os intereses dos empresarios e do monarca (e do seu irmán alahuita, agora afillado). Esa é a secunda facie.

Se ao Estado español e ao monarca pouco lle importaron no seu día os miles de cidadáns españois que quedaron abandoados á súa sorte no Sáhara ¿por qué habería de importarlles agora a fortuna dunha ducia de cidadáns maltratados polos ocupantes marroquíes a semana pasada?

Quen fai traizón a 11 cidadáns, fácil ten facer traizón a todos. Quen fai traizón ó seu pai, fácil ten facer traizón ao seu pobo. 

Mais que amigos, irmáns: unha conversa no cumio da diplomacia española.
Co patrocinio da escola oficial de irrumacións internacionais.
Créditos da foto: Wim Delvoye.

Advertisements

3 Comentarios

  1. Setembro 1, 2010 ás 01:16

    Que o Sáhara Occidental non é territorio marroquí é o que di a ONU …
    A ONU!
    Queda aínda algo daquela iniciativa embaixo da avaricia e da explotación?
    A avaricia e a explotación din que o Sáhara Occidental é marroquí, e neste momento son os que mandan.
    A Onu! Pobriña! É coma un deses cadeliños que recúan nas casa de aldea.

  2. Galia said,

    Setembro 1, 2010 ás 22:06

    Que o Sahara Occidental non é marroquí dino os miles de refuxiados na hamada de Tinduf exiliados e abandonados en Arxelia. Poderíano dicir os saharauis retidos nas zonas ocupadas se lles deixaran. Dío o Dereito Internacional. Deberiamos dicilo todos, se nos quedara algo de dignidade.

    Sahara hurria!

  3. cousas que se din said,

    Setembro 4, 2010 ás 00:18

    Que o Sahara non é de Marrocos o dí a Onu, e a Historia, e a Ética e o Sentido Común. O Sáhara é unha xoia vendida por un ladrón a outro ladrón, un meniño posto por un secuestrador en brazos doutro secuestrador.
    Gostaríame ter a dignidade dun pobo que, inexistente e esquecido por todos, sobrevive dende hai más de 30 anos no máis duro dun duro deserto; dun pobo que a pesar da nosa traizón, sendo vendidos sen previa consulta e asasinados con armas de fabricación española, aínda ensina aos seus fillos o español.
    En cambio, sinto a vergoña xa non da nosa indignidade, senón da ignorancia que os españois temos, en xeral, da mesma. Paréceme relativamente pouco significativo que a policia de mojamé apalee a quen diga o que non quere oir; paréceme o colmo do esperpento que o goberno español pida respecto a lei algunha, o colmo do cinismo que o noso goberno inste ao silencio, ao pecado por omisión.
    Síntome pesimista, porque o pobo saharaui paréceme condenado a extinguirse no olvido, víctima dos fosfatos, da pesca e do medo a enfrontarse co máis bruto. E, cando desapareza ou se dilúa, seremos responsables dun xenocidio.
    Eu, que gosto das fellatio por apetencia e abomino das arrumatio por conveniencia, sinto vergoña de ter nacido en españa.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: