Recorte de plantillas e outras cifras


As noticias son que en todas partes estase a recortar plantilla dos centros educativos (Madrid, Valencia, País Vasco, Galicia…). No caso galego especúlase que pode chegar aos 1000 profesores. En Madrid van recortar uns 1500 profesores.

Se ben ata setembro non se pechan as prazas vacantes dos centros, xa a día de hoxe en moitos deles está cuantificado o recorte. O obxectivo da administración é aforrar en nóminas. A consecuencia inmediata serán un aumento do número medio de alumnos por aula, a eliminación dos reforzos e probablemente dos agrupamentos específicos, é dicir, mermará a atención á diversidade e aos alumnos con mais problemas. Se ben é certo que algunhas plantillas estaban sobredimensionadas, o recorte ten pinta de aplicarse seguindo a filosofía de Arnoldo Amuary: “matádeos a todos, que Deus distinguirá aos seus”.

A visita do Papa a Galicia costará 4 millóns de euros. Vai permanecer en territorio galego 8 horas. Xustifícase o gasto cos retornos que reportará a visita. Non sabemos de qué tipo de retorno falan, pero sospeito que non só será económico: unha sociedade narcotizada pola relixión sempre agradece que lle traian ao representante na Terra do seu amigo imaxinario preferido. En Madrid van gastar 50 millóns, 25 privados e 25 públicos .

A Comunidade de Madrid ten 6,4 millóns de habitantes. A galega, 2,8 millóns. A primeira recorta 1500 docentes, a segunda 1000. A primeira gasta 25 millóns en recibir a un encubridor de pederastas. A segunda 4.

Qué cousas ten a vida.

Fonte da imaxe: Frikipedia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: