Agitprop


Lembro que cando comezou a gobernar o bipartito o departamento do Vicepresidente Anxo Quintana enviou aos centros unha publicación semanal chamada “Infoxove” (descoñezo se xa existía con anterioridade) que como o seu nome indica, era de información xeral para a xuventude. Un exemplar para cada alumno (o que non é unha bagatela) de clara tendencia propagandística: a principal noticia era sempre Anxo Quintana inaugurando esto ou aquilo.

Logo chegou o actual goberno do PP cos seus plans revolucionarios (a austeridade, a liberación do pobo asoballado da opresión marxista-leninista-nacionalista, e as promesas de última hora en materia educativa). Bla, bla, bla: o caso é que “Infoxove” segue a existir como fórmula de propaganda.

E o que é peor, a páxina da Consellería de Educación (www.edu.xunta.es), que antes era un instrumento esencial para o traballo dos centros e dos profesores, ven de convertirse, tras a última superreforma, nun permanente exercicio de agitprop do goberno autonómico. Non hai maneira de atopar nela un miserable texto lexislativo, pero grazas a ela enterámonos puntualmente de cándo o Conselleiro Jesús Vázquez mete o dedo nunha orella ou rasca o nariz. Por exemplo, recentemente foi noticia de portada na páxina da Consellería que o Conselleiro acudiu a un supercurso no Escorial, sobre un supertema (“A liberdade de escolla nun estado moderno”) de superrabiosa actualidade. Non en van, a Consellería de Educación é a punta de lanza da nosa recente superliberación da imposición do galego en Galicia.

Da calidade do curso dan fe os superasistentes: Santiago Cervera (PP de Navarra), Ana Torme (PP de Valladolid) e Curri Valenzuela (Periodista de TeleAguirre, tamén coñecida como TeleMadrid). As conclusión non poideron ser mais supercerteras e superguays:

Durante a súa intervención o conselleiro dixo que “a política educativa vai encamiñada a garantir a liberdade de elección, algo que desde a Consellería de Educación temos moi presente e que nos parece fundamental para un desenvolvemento positivo do sistema educativo”. O conselleiro recalcou a necesidade dun pacto pola educación que garanta, a nivel nacional, a elección dos pais na formación escolar dos seus fillos, respectando deste modo o artigo 27 da constitución española. (…) Asemade recalcou que “a Consellería temos marcados obxectivos básicos para lograr un sistema educativo de maior calidade e eficiencia. E en primeiro termo estamos dando os primeiros pasos a prol dunha Galicia plurilingüe”.

Todo é guay, plurilingüe, diverso, plural, superchachi, megaliberal. Se non fora porque os sindicatos levan avisando todo o mes de xullo da supresión de cerca de 1000 profesores en Galicia. Pero non se inqueden, son supresións megachachis.

Vídeo para hoxe: Curri Valenzuela, experta en educación, cursillista sobre a imposición, dando leccións de cómo se debe implantar o Programa Abalar, ese que lle da un portátil a cada rapaz:

Advertisements

6 Comentarios

  1. Xuiz e parte said,

    Xullo 30, 2010 ás 09:22

    Menudo artista o entrevistado, nin se inmuta cando sae voando o portatil.
    Supoño que agora Curri Valenzuela será a nova imaxe corporativa da marca Toshiba.

  2. Xullo 31, 2010 ás 00:44

    Con estes exemplos a ver onde van acabar os ordenadores das aulas de 1º de ESO! Para facer sitio aos cadernos de toda a vida e ao libro de texto “de libre elección” é mellor gardalos no armario.
    Vaia panda de GEEKS!

    A “Xuíz e parte”: Sánchez Martos ten moitas táboas, sae en RNE eu creo que todos os días.

  3. iesounonies said,

    Xullo 31, 2010 ás 12:24

    A Xunta parécese cada día mais a un Festiclown, pero sen gracia:

    Anxo Lorenzo e o Estado Vaticano: http://seioque.com/index.php/main/extra-extra

    Picasso o malagueño, é catalán, Feijóo dixit:

  4. Agosto 1, 2010 ás 00:38

    É que cando Feijoo estudiou Historia da Arte non pasaron de Goya, un gran artista madrileño defensor de las peleas a garrotazos.
    Que nivel!

  5. iesounonies said,

    Agosto 1, 2010 ás 02:00

    La pinacoteca de Picasso? La pinacoteca? Picasso tenía una pinacoteca? Yo pinacoteco, tú pinacotecas, él pinacoteca, nosotros pinacotecamos, vosotros pinacotecáis, ellos pinacotecan…

    Lo malo no es sólo que no sepa hablar gallego. Lo peor es que tampoco sabe hablar castellano. Es lo malo de ser monoplurilingüe.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: