Léolo


Léolo é un rapaz que imaxina ser o producto da inseminación dun tomate italiano sobre a súa inmensa nai francocanadiense. Está namorado duna nena italiana coa que non cruza palabra en todo o filme, e lee unha e outra vez o único libro que hai na casa e que sirve para calzar a mesa da cociña: o título do libro é “O val dos asoballados”.

A penosa realidade é que vive rodeado dunha familia proletarizada cuxos membros van caíndo un tras outro no abismo da tolemia. Os seus pais están obsesionados pola defecación. O seu irmán vive escravizado polo medo. As súas irmás están ingresadas nunha institución psiquiátrica. “O meu abó, sen ser un home malo, xa intentara matarme unha vez”.

Léolo loita contra o seu destino (volverse tolo, como o resto da familia) mediante a palabra e a creatividade, contándonos unha historia chea de poesía, música e imáxenes, camiñando sen descanso entre o noxento e o sublime.

Fonte da imaxe.

A película e unha obra de referencia sobre a enfermidade mental e o poder liberador da imaxinación. É difícil de atopar, e a descarga ás veces é decepcionante. Hai dúas posibilidades:

1. descargar a versión doblada ao español, en dúas partes: primeria, segunda.
2. descargar a versión subtitulada en español, nesta ligazón.

A banda sonora, en incontables idiomas ao igual que a película, nunca chegou a ser editada, pero os esforzados internautas recopilaron hai tempo todos os temas, que se poden descargar nesta ligazón.

Poden ver un pequeniño fragmento en youtube, para ir abrindo boca:

A ti la dama, la audaz melancolía, que con grito solitario hiendes mis carnes ofreciéndolas al tedio, tú que atormentas mis noches cuando no sé qué camino de mi vida tomar… te he pagado cien veces mi deuda. De las brasas del ensueño sólo me quedan las cenizas de la mentira que tú misma me habías obligado a oír. Y la blanca plenitud no era como el viejo interludio y sí una morena de finos tobillos que me clavó la pena de un pecho punzante en el que creí, y que no me dejó más que el remordimiento de haber visto nacer la luz sobre mi soledad.

Información relacionada: “Léolo, o el pensamiento psicótico“.
Ligazóns atopadas en vagos.es e en et in arcadia ego.

Advertisements

1 comentario

  1. Xullo 26, 2010 ás 00:45

    Léolo!

    Porque sueño, yo no lo estoy“.

    Non lembro cando nin onde vin a peli, probablemente en Cine Europa en Santiago, ou nalgunha sala pequena e con pouquísimo público, iso seguro. Quedei con esa frase na memoria consciente, e co canto á poesía como “salvación” ou “saída” que é a película, na inconsciente, máis duradeira.
    Coma outras películas xeniais, caeu no esquecemento; e probablemente a viu pouca xente.

    A frase, que acabo de ver que encabeza o artigo José L. Ballesteros, habería que gravala en pedra á porta dalgún templo, como o γνωθι σεαυτόν en Delfos.

    Grazas mil por lembrar esta gran obra do cine!

    Leria: Como non é tempo de poñerse a gravar no mármore de Delfos, podería ser boa idea gravala en formigón na Cidade da Cultura de Santiago (de Galicia, de …?).


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: