The School Run


– Ola?
– Ola. Estou tentando obter algunha información acerca a política oficial das FDI [Forzas de Defensa de Israel] sobre os rapaces que van á escola durante o toque de queda en Hebrón.
– ¿De que periódico?
– Son directora de cine de Londres.
– Directora de cine de Londres. Un intre, ok?
(…)
– Ola?
– Ola. Estou tentando averiguar cál é a política oficial das FDI sobre aos rapaces que van á escola durante o toque de queda en Hebrón. Parece haber moita confusión sobre eso.
– Ah, ben, non se trabuquen sobre eso. Cuando hai un toque de queda a ninguén… a ninguén se lle permite sair da casa.

Para os rapaces palestinianos da cidade cisxordana de Hebrón chegar á escola pola mañá non é tarefa doada. Na parte vella da cidade coñecida como H2 os palestinianos son mantidos baixo toque de queda durante meses. Mentres os fillos dos colonos israelíes poden ir á escola os rapaces palestinianos se lles impide constantemente facer o mesmo. Cos soldados israelíes garantindo que as rúas son empregadas soamente  por israelíes, os nenos palestinianos toman as azoteas. (Ler transcripción completa).

Secret Hebron – The School Run (2003).
Documental completo non localizado en internet.
Ficha, nesta ligazón.

Atopado en Kurioso.es.

Advertisements

4 Comentarios

  1. Xuiz e parte said,

    Xullo 21, 2010 ás 10:16

    Un pouco de polémica …
    Atopado nos comentarios de kurioso.es

    http://video.google.com/videoplay?docid=7004906034977722372#

    (ligazón editada polo administrador)

  2. iesounonies said,

    Xullo 21, 2010 ás 22:39

    O documental é ben estrano. Moitas das esceas que atribúe a unha performance bélica teñen unha doble lectura. Fíxate no minuto 2:39. Suponse que cando se ve dende un novo ángulo a escea do ferido caíndo, xusto nese momento, cando relator afirma que todo é unha pantomima, mírase unha bala rebotar no chan (ou eso parece: non salta un barullo de area á dereita da imaxe? non se agachan xusto no momento do impacto?) [vese millor coa pantalla completa].

    Logo, claro, está o problema de que non entendo árabe, e non podo estar seguro de que algunhas supostas trolas que conta o médico do hospital no caso do parto no control do exército israelí o sexan realmente.

    Por outra banda, as esceas de tráfico rodado no medio dun combate son frecuentes na información chegada de Iraq. É o que ten que a guerra se libre nas cidades en casos de ocupación: a señora que ven de comprar froita crúzase cun tanque. Eso non me sorprende.

    Non me quedan claros todos os casos da manipulación. Non me resulta un vídeo concluínte.

    En todo caso, grazas polo documental. Teño pendente de ver este outro, que aínda non me descarguei.

    PD: o do morto caíndo e levantándose na comitiva fúnebre é de coña…

  3. Xullo 22, 2010 ás 01:42

    Como distinguen aos nenos palestinos dos nenos colonos “israelís”?

    – Pola fala? (os que non falan hebreo “falan mal”)
    – Pola cor da pel? (os xudeus sefardís son da mesmiña cor exactamente ca os “palestinos” -os non xudeus-. E mesmo hai cristiáns da mesma cor, e pode ser que haxa hindús e ata budistas). Mándanlles rezar algo para comprobar a súa relixión?
    – Polo xeito de vestir? …

    Todo isto é ben coñecido por todo o mundo, ten moitos nomes … Xa ten pasado moitas veces.
    A “xxxxxxx” denominada Estado de Israel leva cincuenta anos con carta branca . Tamén todo o mundo sabe por que.

    • iesounonies said,

      Xullo 22, 2010 ás 09:33

      Distínguense “pola pinta”, igual que distinguimos entre unha persoa de clase baixa e outra de clase alta ainda que pertenzan ao mesmo grupo étnico, falen a mesma lingua e vistan o mesmo corte de roupa. Eso sen ter en conta que algúns hebreos son de orixe europea.

      Digamos que se ben alguén de fora pode ter dúbidas ao diferenciar un xudeo dun árabe, entre eles se discriminan ben. Nunca millor dito o de “discriminan”.

      ¿Qué pasaría se de pronto un bo feixe de palestinianos se comportaran en plan Sacha Baron (quen por certo, é xudeo británico)? Un pouco de ridiculismo para a causa palestina estaría ben.

      http://es.wikipedia.org/wiki/Sacha_Baron_Cohen


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: