Solaris


No queremos conquistar el cosmos, sólo queremos extender la Tierra hasta los lindes del cosmos. Para nosotros, tal planeta es árido como el Sáhara, tal otro glacial como el Polo Norte, un tercero lujurioso como la Amazonia. Somos humanitarios y caballerescos, no queremos someter a otras razas, queremos simplemente transmitirles nuestros valores y apoderarnos en cambio de un patrimonio ajeno. Nos consideramos los caballeros del Santo-Contacto. Es otra mentira. No tenemos necesidad de otros mundos. Lo que necesitamos son espejos.

Stanislav Lem: Solaris.

A novela Solaris (1961) é un clásico da ciencia-ficción do escritor polaco Stanislaw Lem. O argumento básico da novela é o seguinte: mais de 100 anos despois do descubrimento de Solaris (un planeta recuberto por un inmenso océano do que se presume, sen moita seguridade, que é un xigantesco ser vivo intelixente) a humanidade aínda non foi quen dede comprender o seu funcionamento. Un científico é enviado á estación espacial que estuda o planeta para determinar se hai que cancelar ou non o programa de investigación. É nese momento cando o planeta penetra da conciencia dos habitantes da estación espacial…

A partires dese plantexamento Stanislaw Lem fala de temas tan diversos como os límites do coñecemento humano, a pegada antropomórfica da nosa intelixencia, a comunicación, o autocoñecemento, os dilemas moráis, o sentido da existencia, a esencia da humanidade, a felicidade, o amor, a familia, a culpa e a redención, o significado da conciencia, a replicación e a memoria, ou a morte.

No ano 1972 o director soviético Andrei Tarkovski estreou a súa versión cinematográfica, creando así outro clásico do cine: e película Solaris. Foi comparada con 2001, unha Odisea Espacial. A diferencia é que Tarkovski non estaba nada interesado nos efectos especiais, e moito menos na ciencia-ficción, e sí no trasfondo humano da historia. Persoalmente, eu lle atopo mais similitudes con película Blade Runner que con 2001. Houbo unha segunda adaptación en 2002, esta vez de pobre factura hollywoodiense, interpretada por George Clooney, e co mesmo título.

Se dispón das case tres horas que dura a película de Tarkovski, paga a pena vela con calma. A novela está editada por Minotauro.

Para visionado directo na pantalla: parte 1, parte 2. Para descargar no disco duro: parte 1, parte 2. Para descargar a novela en .pdf, aquí.

É evidente que ao director os efectos especiais
importábanlle pouco. A música é do maestro de Eisenach.

Links atopados en peliculasyonkis.

Ligazón de interese: axxon.com.

Advertisements

1 comentario

  1. Xullo 14, 2010 ás 03:03

    Unha noite, aló polos oitenta, prendín a tele. Estaban poñendo Stalker, co título en español La Zona.
    Por dicilo moi resumidamente e non contar a miña vida: “Caín da burra”.
    Tardou case vinte anos o coñecemento de quen era o autor “daquela película que vira unha noite que prendín a tele e …”, e da que falaba a todo o mundo coma un namorado fala da súa musa, devecendo por coñecer e por se achegar.
    Agora teño algúns DVD. Se acaso nalgún momento sinto que esquezo o que Arte, o que é Poesía …


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: