O Edén era mentira


Os xitanos do mundo viviron, ao longo da historia, varias migracións. A primeira, no século X, orixinouse por causas hoxe descoñecidas no Punxab hindú, dende onde chegaron ao Exipto Menor tras facer unha escala en Persia. A segunda, no século XV, causada pola interminable guerra de Turquía (que remataría coa caída de Constantinopla en 1453), levounos cara o occidente europeo, por onde se espallaron con inusitada ubicuidade, de Alemania a Portugal, de Escandinavia a o Magreb. A terceira foi cara América, unha diáspora provocada pola persecución do século XIX e especialmente do XX.

O maior movemento de poboación europea en tempos de paz está tendo lugar neste momento, de xeito tan silencioso coma paulatino. Os xitanos centroeuropeos (especiamente os rumanos) continúan unha tendencia á fuxida cara ao occidente europeo que se iniciou coa caída do muro de Berlín e co comenzo da guerra dos balcáns, nos anos 90 do pasado século. O movemento intensificouse coa descomposición dos rexímentes comunistas da chamada europa do leste e a apertura das fronteiras intereuropeas. Non hai datos fiables de cántos xitanos rumanos están marchando cara Italia, Alemania, Francia ou España, fuxindo da pobreza e a persecución.

O documental “O Edén era mentira” conta a historia dos xitanos rumanos en Italia, un país que se destaca nos últimos anos, xunto con Chequia, pola súa especial persecución contra este grupo humano. Non podería confirmar todos os datos que se dan no documental. Pero paga a pena escoitar outro capítulo mais da interminable historia de limpeza étnica comenzada hai tantos séculos polos europeos.

O Edén era mentira. Parte 2, 3 e 4.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: