Plan PROA


Infórmame a Xefatura de Estudos do meu centro que o Plan Proa (Plan de Reforzo, Orientación e Apoio) non se ofertará este ano a novas candidaturas. Mantense a asignación de 2,7 millóns de euros do Ministerio de Educación (mais outros tantos da Consellería) para pagar os plans concedidos os anos anteriores, pero non se concederán mais. O meu centro logrou o permiso do Claustro e o Consello Escolar para solicitalo este ano por primeira vez. Para nada, como se pode comprobar.

Son os evidentes estragos da presunta crise económica. Os galegos deberían elexir dunha vez entre ter pisos caros ou unha educación millor. Ou entre a demagoxia e a política. En todo caso, os alumnos do centro quedarán sen clases de reforzo e apoio polas tardes.

Un alto cargo pediu desculpas polo recorte. O podemos ver en YouTube, coma sempre:

Advertisements

1 comentario

  1. cousas que se din said,

    Xuño 27, 2010 ás 23:14

    O enlace está roto, pero supoño que era o BOE coa asignación para o 2010.
    Seino porque no meu centro estamos na mesma situación.
    En realidade, a asignación tamén caeu coa crise; no 2009 foi de 2.984.280 por parte do MEC e outro tanto que puña Galicia; no 2010 baixou a 2.729.129 para cada Administración. Cerca de medio millón de euros, entre un e a outra…pecata minuta, supoño, cando hai cartos para dar ordenadores á concertada ou para tirar ao lixo manuais en galego.
    Qué pouca vergoña.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: