Da necesidade virtude


O fillo dun compañeiro de Bach (un tal Ernst Ludwig Gerber) deixou escrito que o Clave Ben Temperado foi comezado a compoñer “nun lugar onde o aburrimento, a desgana e a ausencia de calquera xénero de instrumento o forzaban a recurrir a ese pasatempo”.

Gerber, sen dúbida de xeito benintencionado, omite referirse a qué lugar aburrido era ese no que Bach iniciou a composición dunha das súas obras principais. O enigma queda desvelado tras a lectura das actas da cidade de Weimar, onde sen maior disimulo menciónase que

o 6 de novembro arrestouse na sá do Xuiz de primeria instancia ao ata o de agora Concert-Meister e Hoforganist [J. S.] Bach, pola súa teimuda manifestación para forzar o seu cese, para, finalmente, o 2 de decembro, notificarlle o cese por medio do HofSecrëtar con enfado manifesto, liberándoselle do arresto“.

En resumidas contas, o Clave Ben Temperado foi iniciado nunha celda do cárcere de Weimar, onde Bach estivo recluído durante un mes, baixo a acusación de se enfrontar de malos modos á autoridade: tal vez ao propio duque Guillermo Ernesto, seguramente para conseguir a revocación do seu contrato e lograr o seu traslado a un posto millor na cidade de Cöthen.

Xa temos falado do mal carácter do señor Bach, que se ben na casa era un esposo amantísimo e un abnegado pai dos seus moitos fillos, como subordinado e mestre de música era insoportable.

O Clave Ben Temperado é unha obra longa, integrada por 48 preludios e outras tantas fugas, que recorre toda a gama cromática de tóns maiores e menores. Resulta ser ao mesmo tempo un divertimento musical, un tratado teórico sobre a fuga e un libro de estudo para pianistas en idade de aprendizaxe.

A parte mais coñecida (quere un que a escrita no aburrimento da prisión de Weimar) é o Preludio nº1, tocada infinitas veces por milleiros de estudantes de piano, e logo versionada por Gounod no seu famoso Ave María.

A que lle ofrecemos é a versión dun aficionado (adiviñen…) que non consegue levar ben o tempo:

E ben, se queren unha versión decente, preman nesta ligazón.

Fontes: Bach, documentos sobre su vida y su obra, (editado por Hans-Joachim Schulze), Alianza Editorial, 2001, páxinas 75 e 105. Christoph Wolff, Johann Sebastian Bach, el músico sabio, editorial Ma non troppo, Barcelona, 2008, páxina 203-204.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: