Solsticio


Hoxe ás 13:28 hora local tivo lugar o solsticio de verán, o día mais longo do ano en relación coa noite. Paradoxalmente o solsticio de verán no hemisferio norte case coincide co afelio (6 de xullo), momento no que a Terra, no seu percorrido elíptico, está mais alonxada do Sol.

Se sacáramos unha foto do Sol todos os días dende o mesmo sitio e á mesma hora local e logo as superpuxéramos e uníramos os puntos cunha liña obteríamos unha curva lemniscata (en forma de oito), que en astrofotografía chámase analema.

Se o fotógrafo ten pericia pode conseguir, de propina, un analema cun eclipse solar: entón obtén un tutulema, neoloxismo creado en recordo do primeiro analema con eclispe xamáis fotografiado e que reproducimos abaixo (foi en Turquía, o 29 de marzo de 2006). Na fotografía, o punto mais alto do Sol é o solsticio de verán. O punto mais baixo é o solsticio invernal. O estreitamento contén os equinoccios de primaveira e outono.

Lembre que a curva que está vendo non é produto do movemento do Sol: é vostede quen se move.

(Clic para ampliar) Créditos.

Información adicional: Youtube, O paso das estacións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: