Que semelle un accidente (3)


Infórmame o secretario do meu centro que está a poñer ao día a lista de libros de texto para adaptala ao decretiño de plurilingüismo guay, ese que saiu da cabeciña iluminada de Feijóo. Cóntame, contra o pretendido pronóstico, que as clases e os libros en castelán foron estes anos maioría. Se eso ocurre nun instituto do rural, de alumnos maioritariamente galegofalantes, e relativamente concienciado coa cuestión lingüística, ¿qué non estará a suceder noutros?

Por se fora pouco, en toda Galicia haberá que tirar con 190.000 libros de texto por estaren escritos en galego valorados en 3,8 millóns de euros (Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía) e sustituílos por outros tantos en castelán. Eso fará que a proporción de libros en galego baixe.

En materia de lingua galega recibimos unha mala nova sobre outra. Aquí cada vez se disimula menos.

Ese resulta a ser o conto do galego imponido: demagoxia barateira. Para acadar o obxectivo lingüicida non hai argumentos de austeridaz que valgan.

Feixóo, colaborador necesario.

Advertisements

5 Comentarios

  1. que cousas se din... said,

    Xuño 19, 2010 ás 02:02

    Espero que prevaleza o sentido común e que, independentemente do que diga a xunta, os nenos continuen utilizando os manuais que xa están nos centros. E, en caso de ter algún problema, sempre podemos recurrir a Galicia Bífidalingüe, organizacion coñecida pola súa defensa do bilingüismo en castelán, que na era pre-decretazo dicíanos o seguinte:

    “no cabe sanción alguna pues llevar un libro a clase en una determinada lengua, y más si se trata de un idioma oficial, no implica obviamente interferencia alguna en el desarrollo de la clase”.

    Pois iso

  2. que cousas se din... said,

    Xuño 19, 2010 ás 02:15

    E, por certo; o de tirar ao lixo os libros porque están en galego, coincide, coa coherencia á que nos ten acostumados este goberno, co feito de que este ano 2010 foi declarado pola xunta como Ano do libro e da lectura de Galicia.
    Será para celebralo.

  3. ludusnaturae said,

    Xuño 21, 2010 ás 17:36

    a) Está ben aplicar o que di “que cousas …”. Se a máis de retiraren a gratuidade hai que mercar libros novos para que sexan en castelán, e por riba nos tempos que corren, o ensino público vai moi mal (que é seguramente o que pretenden).
    Os centros deberían posicionarse nese sentido: Manter os libros en galego herdados dos tempos da gratuidade; por economía, como mínimo.

    b) O decreto vixente ata este curso non se cumpría moito, especialmente en secundaria. Estou á espera de ver que pasa cando non se cumpra o novo decreto.
    Non dar as aulas en galego cando era obriga, colaba. Cando se dean en galego as aulas nas que está prohibido … a ver que pasa.
    Se me vexo no caso non o vou cumprir. En caso de haber problema declararei que dou a materia en castelán e continuarei a dala en galego. Como se fixo ata agora pero ao revés.
    ¿Ou é que imos retroceder ás condicións anteriores ao Estatuto de Autonomía vixente? (que é o que seguramente os bois que están a tirar do carro do PP ultimamente queren).

  4. iesounonies said,

    Xuño 21, 2010 ás 19:03

    En efecto, é o que vai suceder en moitos centros, sexa por economía (os cidadáns rematan por seren mais xuizosos que os gobernantes) sexa por compromiso: os libros de mates, tecno e FeQ desaparecerán das listas de libros obrigatorios, e serán repartidos logo como simple material de apoio. Para o meu pasmo, persoal para nada comprometido coa lingua (e moi crítico coa impartición de certas materias en galego) está optando polo argumento economicista de non gastaren mais en libros de texto: prefiren quedar co libro en galego, ainda que non lles guste o idioma, antes que despilfarrar mais cartos. ¿Non se retiraran hai uns anos algúns de mates en castelán para substituílos polos de galego?

    Preveo unha moratoria de dous anos (o tempo de vida que lle queda a eses libros) antes de aplicar o decreto lingüicida.

    Veremos cantos expedientes disciplinarios caen, e sobre quenes.

  5. Xuño 21, 2010 ás 21:07

    “Jasús!” Non lera a mala noticia. Esa si que é gorda!

    HERODES! A “Conse de Edu” é O Castelo de Herodes. E se non conseguen acabar coa lingua dende a educación infantil, máis adiante a crucificarán.
    E os profes que incumpran, usando o galego, aos leóns.

    Iso é un tiro a matar, sen disimulo ningún, en efecto.

    ludusnaturae


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: