Parodias: historia dunha melodía


En tempos de J. S. Bach a música aínda era unha dura actividade artesanal, e un compositor profesional debía traballar arreo para manter á súa familia. Non era extrano que o artista reutilizara as súas propias obras, poñendo unha nova letra a unha peza usada anteriormente, ou adaptándoa ás novas circunstancias. O producto denominábase parodia (hoxe diríamos refritido).

Aproximadamente no ano 1720 Bach compuso unha serie de sonatas para violín, de entre as que destaca a BWV 1017, e cuxo primeiro movemento en forma de danza siciliana poden escoitar nunha versión de luxo, a cargo de Glenn Gould e Yehudi Menuhin:

Dada a intensidade da melodía, e tendo en conta o apurado que estaba Bach coas entregas dos seus traballos, non resulta estrano que esa liña melódica fora recauchutada para a cantata BWV 82, Ich habe Genug, no ano 1727, na que destaca o elaborado acompañamento do oboe baixo a solemne voz masculina, nun tema fundamentado na resignación ante a morte:

Non contento con eso, ese mesmo ano Bach decidiu dar saída ao valioso material na Pasión segundo San Mateo (BWV 244), na coñecida aria Erbarme dich, centrada esta vez na idea de arrepentimento, e que xa escoitamos neste blog no seu día.

Pero a longa travesía da melodía orixinal non remata aquí. En 1731 Bach voltou a reformular o tema, esta vez na cantata BWV 140, na sección Wenn kömst du, mein Heil?, onde esposo e esposa celebran a felicidade do amor carnal do Cantar dos Cantares.

Resignación, arrepentimento e desexo, ou como crear calquera cousa a partir de case nada. Mais ou menos coma nós, os profes, que repetimos o mesmo rollo ano tras ano, variando levemente os contidos. Toda unha parodia…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: