Estimados lectores: cumprimos un ano!


Un 12 de xuño de hai un ano este humilde bloguiño abriu as súas páxinas por primeira vez. Xa suma 168 artigos, 301 comentarios e cerca de 10.000 visitas (se xuntamos as de este bloguiño coas do seu predecesor). Non é gran cousa, pero é mais do que eu pensaba facer.

Se ben o resultado final apártase un pouco do inicialmente programado, non por iso deixa de resultar satisfactorio. Gostaríame ter incluído unha sección de cotilleos internos do meu centro, pero o sentido común impídeme ser máis explícito: a maioría dos datos enxundiosos do funcionamento dun instituto son inenarrables, e soamente poden ser expostos de xeito elíptico, unha figura retórica tan atractiva como escura para o observador alleo. Ser directorciño obriga á prudencia, pola conta que me trae.

Supoño que estas paxiniñas son esculcadas, entre outros, tanto polos que me aprecian como polos que non me queren tanto. A todos eles, un saúdo, e paciencia. Aos primeiros, paciencia porque podo ser millor. Aos segundos, paciencia porque tamén podo ser peor. En case un ano como director pódense cometer moitos acertos e moitas torpezas. Afectos e desafectos aliméntanse das primeiras e das segundas, respectivamente. E non me gusta ver á xente pasando fame.

E falando de fame, hoxe, para celebrar o noso primeiro aniversario, ofrecémoslle a máis bizarra receita de cociña que pulula pola rede: unha paella valenciana musicalizada en alemán nos anos 60. Non intenten repetilo na casa. Paciencia, por favor…

Advertisements

3 Comentarios

  1. Xuiz e parte said,

    Xuño 12, 2010 ás 13:41

    Pois eso…, guten appetit !!!!

  2. que cousas se din... said,

    Xuño 12, 2010 ás 13:46

    felicidades!!!

  3. Couselo said,

    Xuño 13, 2010 ás 21:54

    PARABÉNS por facer un blog tan variado: informativo, con humor, con críticas duras e graciosas da administración, con música e cine, por achegarnos á economía, aos xitanos e ata as estrelas,….

    A paella era mellor se fora real, así non mola.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: