Numeroloxía


O seguimento real dunha folga semella o terceiro misterio de Fátima. Algo que debera ser sinxelo convértese nunha guerra de cifras dispares. O quid da cuestión, coma sempre, está en como se fan os números.

Por exemplo, para un sindicato, o seguimento ven dado por unha sinxela operación:

n*100/N

Onde n é o número de persoas que fixeron folga, e N é o número de profesores do claustro. O resultado preséntase en forma de porcentaxe. Se o claustro está composto por 72 profesores, e á folga foron 11, o seguimento foi do 15,27%.

Para a Administración a fórmula non resulta tan doada. É esta:

n*100/N-b-s

Onde n é o número de funcionarios que non foron traballar porque fixeron folga, N o número de funcionarios do centro, b o número de funcionarios que faltaron por causas alleas á folga (enfermidade, deber inexcusable, etc) e s representa os servizos mínimos. No mesmo centro anteriormente citado hai 72 profesores, 2 administrativos, 2 conserxes e 3 limpadores. Polo tanto, N=79. Á folga foron 11 profesroes e un administrativo (n=12). Pero houbo 5 profesores enfermos, un limpador de baixa (b=6), e 2 persoas de servizos mínimos (s=2). Se non botei mal os números, seguimento da folga foi do 16,90%. Non cabe dúbida de que, con este procedemento, a propia Administración galega non desexou minimizar moito as cifras da folga… Durante a folga do 21 de xaneiro contra o Decreto do galego a fórmula empregada pola Consellería de Educación foi a que desta volta empregaron os sindicatos. Revelador, non si?

A modo de curiosidade, cómpre sinalar que a Administración obriga a enviar dous partes de seguimento: un ás 9:30 da mañá e outro antes das 15:45.

Cábala hebrea.

Advertisements

3 Comentarios

  1. Couselo said,

    Xuño 9, 2010 ás 23:21

    Teslle que preguntar á benemerita coma fai ela os cálculos.

  2. Gregorovius said,

    Xuño 10, 2010 ás 00:42

    Todo é según a ecuación coa que se mire. Pero a ecuación ven imposta polos que teñen, queren conservar ou devecen por acadar o poder.

  3. iesounonies said,

    Xuño 10, 2010 ás 01:08

    Os números non minten, minten son as persoas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: