O Rocío e a censura


Como película da semana escollemos esta vez “Rocío“, un documental rodado en 1977 e estreado en 1980. O relevante deste caso é que o documental ainda está prohibido en España na súa versión íntegra por orde xudicial .

O seu director, Fernando Ruiz Vergara, foi denunciado o 23 de febreiro de 1981, unhas horas antes do intento de golpe de estado, baixo a acusación de “injurias graves, escarnio a la religión católica y ultraje público de las ceremonias en honor a la Virgen del Rocío“.

A verdadeira razón foi que na película denúnciase o asesinato de 100 persoas en 1936 organizado polo alcalde de Jerez de la Frontera. O xiuz que secuestrou e censurou o documental agumentou que na cinta “aflora una inoportuna e infeliz recordación de episodios sucedidos después del 18 de julio de 1936, en los que se escarnece a uno de los bandos contendientes, olvidando que en las guerras civiles, como lucha fraticida que son, dejan una estela o rastro sangriento (…) que es indispensable inhumar y olvidar si se quiere que las generaciones posteriores convivan de forma pacífica“.

O xiuz non admitiu as declaracións das 17 persoas que se ofreceron a dar testimonio dos feitos ocurridos en 1936, cando o ex-alcalde José María Reales participou no asesinato de 100 republicanos xerezanos, algún dos cales, con anterioridade á insurrección militar, retiraran unha placa rociera do edificio do concello de Jerez. O director foi condeado a pagar 25 millón de pesetas e a pasar tres meses de calabozo. En 1985 perdeu o recurso ante o Tribunal Supremo. Ruiz Vergara abandonou o país, e actualmente vive en Portugal.

Por outra banda, a presentación da festa do Rocío como unha festa clasista e tradicionalista exemplo de superstición e de dominación católica sobre as masas, a análise da socioloxía agraria e gandeira andaluza e a exlicación da orixe política das irmandades contribuiron a incrementar a represión sobre o cineasta. Ainda en 2005 unha exhibición do documental foi feita baixo a supervisión dos abogados correspondentes.

Google videos facilita o acceso á cinta. Descoñezo se é a versión censurada (inicialmente o director incluiu un pantallazo en negro como forma de protesta, mais logo esa indicación foi retirada). Os momentos nos que fala o veciño Gómez Clavijo (un dos demandados pola familia do ex-alcalde franquista) poden verse, supoño, a partires do minuto 37:57. Ao ex-alcalde cítaselle no minuto 36:07. En todo caso, paga a pena ver o documental completo.

Rocío, 1980. Fernando Ruiz Vergara. Para descargar o documental
con maior calidade de imaxe, premer nesta ligazón.
Instruccións de descarga, aquí.

A referencia atopeina en Público.es. Mais información: aquí, aquí, aquí, aquí e aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: