Abalar


Segundo publica A Nosa Terra, na implantación do plan Abalar nas escolas e institutos de A Coruña hai unha clara discriminación en favor dos centros privados concertados:

“A decisión da Consellaría de Educación de discriminar os centros públicos da comarca da Coruña contra os privados concertados á hora de adxudicar o Proxecto Abalar, é un intento de camuflar o aumento de recursos a este tipo de centros detraéndoos dos dedicados aos colexios de titularidade pública”, sinala nun comunicado o sindicato maioritario do sector [CIG].

A CIG cualifica de “totalmente impresentábel” que o superdelegado na Coruña, Diego Calvo, xustifique esta decisión “cunha mentira”. En concreto, o representante da Xunta asegurou que “priorizamos os colexios con menos necesidades e co profesorado máis implicado”.

O que non explica o semanario A Nosa Terra é que para a concesión do Abalar é necesario que os docentes do nivel en cuestión se comprometan a facer un cursiño, que polo tanto é obrigatorio. Esa omisión oculta dúas realidades. A primeira, que é probable que os profesores funcionarios negáranse a realizar o cursiño correspondente (pola razón que sexa, seguramente inconfesábel). A segunda, que a algúns profesores da privada concertada fíxoselle unha oferta que non podían rexeitar (seguramente, tamén inconfesábel).

Se é que as cousas nunca son brancas ou negras…

Muxía: Pedra de abalar. Fonte da imaxe.

Advertisements

2 Comentarios

  1. iznogud el infame said,

    Maio 25, 2010 ás 00:10

    Eu tamén pensei nesa posibilidade. Pero para evitar sospeitas, e tendo en conta que esta consellería non se corta un pelo á hora de discrimnar positivamente aos centros privados, non estaría de máis que fixeran públicos os criterios empregados para facela selección e as puntuación obtidas polos centros solicitantes.
    Máis aínda; á hora de establecer un proceso selectivo, escolles cuidadosamente os criterios que permitan a selección que ti queres.
    Este Conselleiro xa ten dado mostras evidentes de que a ética para él non é moito máis que o nome de unha asignatura optativa, hai anos.

  2. Xullo 29, 2010 ás 23:36

    […] en educación, cursillista sobre a imposición, dando leccións de cómo se debe implantar o Programa Abalar, ese que lle da un portátil a cada […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: