Religulous


Para os xudeus mais ortodoxos a Halachá prohibe traballar en sábado, usar a electricidade en sábado e varias cousas mais en sábado. Nunha sociedade moderna esto pode conlevar problemas. O Institute for Science and Halacha de Xerusalén adícase a perfeccionar trebellos que permitan ao bo xudeo disfrutar das comodidades da vida moderna sen contrariar a lei divina. Entre os inventos mais divertidos atópase un teléfono que permite facer unha chamada sen ter que facer a marcación do número ao que se desexa chamar. Consiste nun aparato que de xeito permanente está marcando todos os números ao mesmo tempo: en cada tecla, un plaliño inhabilita o envío de ese número. Se un retira o paliño, o inhabilitador queda inhabilitado, e o número se marca, facendo así a desexada chamada… eso si, sen marcar o número.

O documental Religulous (enviado a este bloguiño por un fiel lector… grazas, X.!) conta esta e outras delirantes anécdotas xurdidas do catastrófico choque entre a relixión e o sentido cumún. Presentado polo humorista Bill Maher e dirixido por Larry Charles, Religulous é un achegamento ao fenómeno relixioso no século XXI dende unha perspectiva humorística e por momentos irreverente. Sería soamente divertido se a relixión non nos tivera tamén levado tantas veces á destrucción, o fanatismo, a guerra e a morte, todo en nome de amigos imaxinarios e outras pamplinas. A realidade é que a dimensión patolóxica da relixión é un campo aínda por explorar pola psiquiatría moderna.

Para o visionado do documental pode acceder a este enlace de Megavideo, que soe impoñer límites de tempo en canto un se excede de ancho de banda, ou ben cabe facer unha búsqueda en Cinetube (sección documentales) para descargalo directamente no disco duro. Tamén pode seguir as suxerencias deste blog. Finalmente, convenientemente pendurado en anaquiños, está disponible en Youtube.

Esta é a nosa suxerencia para esta fin de semana:


Partes 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: