Madriz ben vale unha lingua


Espoleado pola inmediatez, o entón candidato á Xunta tentou rabuñar os escasos votos que lle separaban dunha pouco esperada vitoria. Unha invención de última hora foi a chave do triunfo. Naceu así o conflicto (sic) lingüístico como Minerva da cabeza de Apolo. Os galegos descubrimos entón que estábamos pelexados polo idioma, e que o único que podía salvar a esta España que está sempre a piques de romper (e que nunca escacha) era El, o elixido. Agrupando as forzas extremas da dereita, e usando como correa de transmisión unha organización matrimonial (Galicia Bilingüe) rabuñou unha presa de votos e salvounos da debacle lingüística. Dende entón xa podemos estar tranquilos: rematou a ditadura porque agora mandan os de sempre.

E así, co escudo da Verdade e a espada da Liberdade, o gran timonel rescatounos de seren uns pailáns: outorgounos o Gran Decreto. Pero como os galegos somos un pouco lentos, aprobou tamén gastar un millón de euros en convencernos do grande favor que lle debemos.

E é que Madriz ben vale unha lingua. Qué mais da deixar un povo queimado, se total penso marchar del…

Crónicas del gallego imponido:

Advertisements

1 comentario

  1. Maio 22, 2010 ás 02:32

    Por unha presa de votos:
    Dopo quattro anni di ombra l’Indio sale sul pulpito e racconta la parabola alla sua banda:


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: