O espello do pasado


Repasando estes días a recente historia económica de España (por aquelo de faceme unha composición de lugar do que está pasando) atópome con un vídeo moi significativo, que é necesario situar no seu contexto.

Lembremos: en 1977, nese momento que mediou entre a morte de Franco e a aprobación da Constitución, estoupou unha aguda crise económica. A vaga expansiva da crise do petróleo colleu de cheo a un pais inerme, na terra de ninguén que supón ter rematado con unha dictadura sen ter comezado aínda coa democracia. A inflación era do 47%, os capitais fuxían do país, o déficit externo estaba disparado, o paro (nun país que non coñecera o desemprego dende facía décadas) superaba un 5%, os sindicatos semellaban entrar nunha espiral revolucionaria, a patronal empecinábase en manter as formas do réxime anterior e o exército revolvíase nos cuarteis.

Enrique Fuentes Quintana, un economista de prestixio, foi nomeado Vicepresidente segundo para Asuntos Económicos do goberno de Adolfo Suárez. Aos poucos días presentouse ante as cámaras de televisión (da única televisión que había nese momento, RTVE) e pronunciou o discurso que lles insiro mais abaixo.

Deixando a un lado as horribles gafas de pasta do ministro, chámanme a atención varias cousas. A primeira, o estilo oratorio reseso pero correcto, con un castelán inzado de subordinadas e cultismos, algo case inatopable na clase política actual (pregúntome que porcentaxe da poboación da época entendería un discurso tan alambicado). A segunda, o enfoque realista da situación (bastante alonxado dos melindres do noso actual timonel Zapatero). A terceira, a afirmación do minuto 13:45. Onte, coma hoxe.

[13:45]…cortar aberraciones del mercado, tales como las que se expresan
en esa lacra improductiva que es la especulación del suelo…


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: