O mito da caverna


Xa Platón (non é cuestión de explicalo agora) teorizaba sobre as dificultades de acceder á esencia das cousas. O estado natural do ser humano é a ignorancia. Vive nun mundo de sombras, e só con tenacidade quen desexe abrirse camiño ata o exterior da caverna poderá acceder ao coñecemento, iluminado polo Sol da verdade. Crecer e facerse adulto (educarse, según as teorías da paideia grega) consiste en abandoar as apariencias para acceder ao mundo das esencias.

Representación da alegoría da caverna de Platón

Os institutos públicos de ensino medio constitúen peculiares agregados de menores de idade (que viven nas apariencias das cousas) e de adultos (xa iluminados pola luz da verdade, ou eso se supón). Tanto o primeiro como o segundo lle outorgan un peculiar carácter. Pero sobre todo o segundo. Caldo de cultivo de rumores claustrales, os institutos resultan ser unha mixtura de esixencias adultas e debilidades mais ou menos confesables. Non é unha peculiaridade dos adultos ensinantes (pois en todos os gremios pasa o mesmo) senon do contexto no que se desenvolven: adultos funcionarios en contacto con persoas aínda sen formar. Nese ambente caben expresións de heroicidade e abnegación, e, por suposto, episodios claramente regresivos (os menos, todo hai que dicilo). Do mesmo xeito que os alumnos entran paseniñamente no mundo dos adultos da man dos seus profesores, os adultos desplegamos ás veces condutas propias de estadios madurativos anteriores. É como unha visita pasaxeira á comodidade do útero materno, onde non fai falla nin berrar polo que un quere, pois xa o entorno o ofrece sen maior resistencia.

O antídoto, coma sempre, é o humor. Con vostedes, Austin Powers recreando o platónico Mito da Caverna, onde nada é o que parece:

(Versión en español)

Advertisements

2 Comentarios

  1. Xano said,

    Maio 16, 2010 ás 22:58

    Un agasallo desde Remexer, se nolo permites: http://remexernalingua.blogaliza.org/2010/05/16/o-mellor-agasallo/
    Grazas por agasallarnos aos lectores con esa visión irónica das cousas

  2. iesounonies said,

    Maio 18, 2010 ás 00:49

    Moitas grazas! Verei cómo podo corresponder ao agasallo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: