Xornada histórica na bolsa


Mentres hoxe estábamos no instituto facendo o noso traballo como se tal cousa o índice bursátil IBEX35 subiu un 14,43%. O maior incremento da súa historia, e que sitúa a cotización nos 10.305,8 puntos.

É o resultado das medidas adoptadas pola UE para protexer a zona euro da galerna financieira que dura xa dende agosto de 2007. ¿Lembran? Nese ano comenzou un dos periodos mais negros do capitalismo recente: bancarrotas en cadea, incrementos desbordados da tasa de paro, deudas impagables, incremento do precio do petróleo.

Este non é un blog económico, pero como humani nihil a me alienum puto, paga a pena preguntarse pola natureza do acontecemento de hoxe e as súas consecuencias.

Moi resumidamente, tras unha burbulla inmobiliaria monstruosa de escala internacional o mercado comenzou a percatarse de que a débeda que recaía sobre os inmobles era moito maior que o seu valor real. A consecuencia de desviar recursos financieiros en dirección a algo improductivo xenerou unha parálise inversora na economía real, que provocou unha recesión económica (mais ben depresión) que enviou a millóns de persoas ao desemprego. Ao mesmo tempo a insolvencia dos endebedados provocou a desestabilización do sistema bancario internacional. A solución adoptada entón foi empregar diñeiro público para evitar o derrumbe do entramado financieiro (o que soamente se logrou en parte: polo camiño quedaron case 400 entidades bancarias norteamericanas; véxase o colapsómetro); o obxectivo dese diñeiro público foi tamén manter o sistema productivo (seguindo a vella receta keynesiana). O desvío de fondos públicos provocou un forte incremento do déficit dalgúns estados (o mais recente e notorio, o caso de Grecia), creándose así unha situación de debilidade do euro fronte aos especuladores. A nova solución (e polo que parece, o derradeiro cartucho) é purgar a liquidez do sistema mediante a reabsorción da débeda pública a través de varios bancos centrais. A consecuencia diso é un drástico recorte do gasto público (a finalización da receta keynesiana).

¿Querían vostedes ter un piso en propiedade a toda costa? O pagarán por cuadruplicado. Pagarán o precio do piso, pagarán os intereses da débeda, o volverán a pagar pola vía do incremento impositivo e novamente o pagarán con un recorte dos servizos públicos. O ensino entre eles.

Evolución dos precios da vivenda en Estados Unidos:
periodo 1890-2007 (inflación correxida)

Advertisements

4 Comentarios

  1. Pelitos a la mar said,

    Maio 11, 2010 ás 11:43

    ¡Vaya! Y yo que pensaba que llegar al final se despeñaría… ¡qué decepción! Es toda una metáfora, hasta me siento mal por esperar ese final como si esperase el mismo final de los datos reales.

  2. Maio 12, 2010 ás 21:30

    […] } Como dicíamos hai uns días para orientarnos entre tanta tinta de calamar, o axuste económico era inminente. Onte coñecíamos as medidas correspondentes á eufórica suba […]

  3. Pelitos a la mar said,

    Maio 13, 2010 ás 10:52

    No es el descalabro, como bien has escrito es la consecuencia de las medidas para evitar que el vagón de la montaña rusa se despeñe.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: