Doses de realidade


Contoume unha amiga que un coñecido seu da Universidade compostelá foi como profesor invitado durante un ano enteiro a certo pais americano de baixos salarios. Por comodidade, contratou unha señora que lle limpara a casa. O prezo por hora de traballo naquelas latitudes era tan miserento en comparación co noso país que por conciencia social e vergoña o profesor decidiu triplicarlle o salario: nen sequera así resultaba oneroso para un peto cheo de cartos europeos.

A señora limpaba ben, a casa estaba arreglada, os baños deslumbraban impecables: todo ía de maravilla. Ata que un día o noso profesor sentiuse mal no traballo, e voltou a casa con varias horas de adianto sen avisar. No sofá do seu salón atopou á señora da limpeza cos pes enriba da mesa, cunha PepsiCola na man, e dando coa outra ordes a unha nena que limpaba por ela: pagáballe unhas moedas, e a señora quedaba co resto.

A señora perdeu o seu emprego, o profesor a súa inocencia e a rapaza conseguiu un novo traballo, eso si, esta vez polo miserento prezo por hora daquelas latitudes.

Arbeit macht frei.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: