Ideoloxía e traballo


“El cristianismo no puede estar por encima de la ley”, di un xuiz británico para desestimar unha demanda interposta por un católico despedido por non querer dar terapia a unha parella gai. E engade: “ofrecer cualquier tipo de protección de una religión frente a otra es la mejor manera de encaminarse hacia un régimen teocrático”.

Para Andrea Williams, director do Centro Legal Cristiano, “la decisión del juez podrían provocar una barrera religiosa en las contrataciones, en la que los cristianos podrían estar vetados en puestos como concejales, profesores, trabajadores sociales o en agencias de adopción”.

En efecto, cabe preguntarse se quen imparten ensino de Relixión Católica (ou Islámica, que tanto da) nos centros públicos, concertados e privados son quen de facelo, ao pertencer a unha confesión que rexeita o divorcio e o sexo fóra do matrimonio para eles e para os demais, que considera a homosexualidade un andazo e non unha condición, que discrimina a muller dentro e fóra da súa propia institución e que fomenta prácticas insalubres, como o sexo sen preservativo. Centos de miles de menores de idade asisten semanalente a clases de adoutrinamento homoxéneo pagadas e consentidas polo Estado, e o vemos como algo normal. O vemos como algo normal porque confundimos simple proselitismo con liberdade de culto, e mixturamos o sagrado dereito que os pais teñen de inculcar aos seus fillos as súas propias crenzas (e erros) coa obriga de financiarllo entre todos.

No colmo do delirio, Rouco Varela afirma que “el derecho a recibir formación religiosa en la escuela es primario e intocable, es anterior al Estado“. ¿Anterior en qué sentido? ¿Ontolóxico ou cronolóxico? ¿Non é o sistema educativo posterior ao Estado mesmo como institución? ¿Cómo habería de ser un dereito escolar anterior á propia institución escolar? ¿Por qué unha persoa designada por un obispo ten voz e voto nun claustro de profesores ou nunha xunta avaliadora, que son órganos colexiados de carácter académico? ¿Cómo pode ser que unha parte importante do sistema educativo dun país estea en mans de corporacións que prestan lealdade a un Xefe de Estado estranxeiro?

A abstinencia non é 100% efectiva.

Relacionado: ayesee.imgur.com.

Advertisements

1 comentario

  1. iesounonies said,

    Maio 4, 2010 ás 18:23

    [artigo corrixido: quenes x quen; grazas Gregorovius]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: