Dersu Uzala


V. Arséniev.

Entre 1902 e 1908 o explorador, cartógrafo, militar, naturalista e escritor ruso Vladimir Arséniev explorou, ao servizo do Zar, a remota rexión da Taiga do Ussuri, en Siberia. Con 13 millóns de kilómetros cadrados Siberia parece o lugar idóneo para perderse. Ou para atoparse.

Foi alí, no medio dunha natureza que ainda hoxe no século XXI resulta indomable, onde Arséniev coñeceu a un home, Dersu Uzala, un cazador nómada animista, e co que compartiría unha profunda amizade que lle marcaría de por vida.

Dersu Uzala.

Xa de volta a casa Vladimir Arséniev escribiría  unha novela (Dersu Uzala) que pronto se convertería nun clásico da literatura rusa e posteriormente soviética. A partires dese libro o director de cine Akira Kurosawa rodaría a película do mesmo nome (Dersu Uzala, o cazador).

Considerada unha obra mestra, a película de Kurosawa é un canto á natureza e á amizade, unha viaxe ao paraíso perdido e a soidade da vellez e a morte, unha lección maxistral sobre a bondade humana e unha mostra espléndida de bo cine. É remarcable o momento no que se ve a Lúa e o Sol nun mesmo plano, ou o episodio no que Dersu salva a vida do capitán Aséniev.

Outra razón para non ver a televisión, e unha boa alternativa para a fin de semana.

Ligazón alternativa (con pantalla completa)

Advertisements

3 Comentarios

  1. Maio 1, 2010 ás 00:02

    Permítome recomendar dende aquí a lectura do libro no que está basada a película. Hai tradución ao castelán: VLADIMIR ARSENIEV: Dersu Uzala.

    O que teño eu é de quiosco, viña cun xornal. Pero creo que hai edición atopable. E se non terían que reimprimir a tradución e habería que poñela nos andeis de todas as bibliotecas dos IES: Valores humanos, antropoloxía, xeografía, respecto (e moito máis) á Natureza, canto á amizade … E é ameno, alomenos para quen lle goste ese tipo de aventuras (Conrad, Stevenson, London …).

    A película de Kurosawa é a adaptación de relato a cine máis fiel que coñezo (das que coñezo ben libro e película).

    Unha proposta excelente.

  2. que cousas se din... said,

    Maio 2, 2010 ás 06:33

    Pareceume magnífica; unha historia limpa que mostra o respeto á natureza e o respecto ao outro, a tolerancia, a amizade, a admiración mutua, a ternura, a insignificancia do home nesas impresionantes paisaxes e, ao mesmo tempo, a súa importancia.
    Canta beleza e canta sabiduría, e ofrecidas con serenidade.
    Grazas pola suxerencia.

  3. Pelitos a la mar said,

    Maio 3, 2010 ás 11:01

    Muy buena recomendación. No suelo ver muchas pelis, esta la vi hace unos añitos, cuando todavía se veían en VHS y me impresionó muchísimo. Todavía tengo la cinta en VHS que grabé cuando la pusieron por la 2. Si te interesa te la doy, no la voy a conservar…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: