O valor da ollada


A miúdo o que vemos non está nas cousas, senon nos ollos. É (como mostrou hai anos a escola da Gestalt) a base mesma da representación pictórica e da arte. A beleza é un concepto que non se atopa na obra en sí mesma: atópase na nosa mente, ou polo menos, na conxunción da nosa mente coa obra.

Observen esta pintura:

Os feligreses da parroquia de San Carlos Borromeo, en Oklahoma, teñen un grande disgusto por ese novo crucifixo de dez pes de alto que dende o pasado 21 de febreiro adorna o seu templo. De feito, algúns abandoaron o a igrexa, indignados polo que consideran unha representación impúdica do fillo de deus. Volten a mirar a icona e adiviñen ónde está a causa da polémica.

A artista Janet Jaime, a autora, considera que respeta escrupulosamente os cánones iconográficos e simbólicos deste tipo de pinturas. Pese a todo vai modificar a obra. Está no seu dereito: é súa, e fai con ela o que lle pete. Afortunadamente non poderá poñer as súas gadoupas nestoutra icona, moito mais viril se cabe, conservada no Mosteiro de Santa Catalina do Monte Sinaí: leva dende o século XIII sen escandalizar a ninguén, que saibamos:

Mais información e fonte da imaxe: Towleroad, Newsok.

Advertisements

4 Comentarios

  1. cousas said,

    Abril 25, 2010 ás 15:11

    Asombroso; asombrosa a actitude da autora que corrixe a súa obra por como a ven os demais…asombrosa, coma sempre, a pacatería retorcida de eclesiásticos e feligreses…e asombrada estou de que, dende que o lin, cada vez que miro un crucifixo, vánseme os ollos aos seus abdominais!!!. Así que , hala, aquí vos deixo unha colección de enlaces a fotos porno.
    un auténtico prodixio…


    http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Cristo_de_san_Damian.jpg#filelinks

  2. que cousas se din... said,

    Abril 25, 2010 ás 22:27

    así son os católicos coa arte sacra; xusto hoxe atopei isto:

    http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/04/25/0003_8441464.htm
    http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/04/25/0003_8441465.htm

  3. zeltia said,

    Abril 25, 2010 ás 23:33

    e fun, e lin “esto” antes de deixar un comentario! (fai falla ser burra)
    bueno, pois chamoume moito a atención que se montar la de dios es cristo, co cristo, pero eu tamén vexo aí una polla como una olla. xa fun ver os enlaces que deixaron tamén, todos interesantes!
    avísoche de que vou enlazar esta entrada túa nun blogue dunha amiga que se autodenomina “erotómana”, que de seguro ha de atopar que facer con él. (ou pola contra non)

    saudos,


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: