Conversións e outros milagres


Hoxe mesmo unha sorprendente noticia deu a volta ao mundo: unha xoven croata de 13 anos entrou en coma e 24 horas mais tarde espertou falando un perfecto alemán. A nova cheira a fake (o típico disparate de axencia produto dun redactor creativo ou dun traductor automático), ainda que de ser certa podería ser o principio do fin do problema educativo: un par de días en coma e saes co título de médico, ou de avogado.

Pero non hai nada novo baixo o sol. Digamos que o mundo é sempre o mesmo, ainda que sempre distinto. Aprender sempre levará traballo, e con profesores ou sen eles (non dubido da súa extinción a longo prazo) o único que nos asegura o éxito en case calquera cousa é o esforzo diario. Para cando poidamos sacar unha licenciatura mediante un coma inducido, algo inventaremos que fastidie o paraíso: os seres humanos somosche así, expertos en sofisticarnos a vida.

Advertisements

3 Comentarios

  1. comotedigo said,

    Abril 16, 2010 ás 21:58

    ostras, pois podería non ser a fin do sistema educativo; os profes encargaríamonos de inducir ao coma aos alumnos, vixiaríamos as constantes mentres durmen, anotaríamos a duración do coma e informariamos do que parecen saber ao espertar…imaxino aos pais; “pois este profe equivocouse, porque o meu fillo tiña que sair sabendo física cuántica e espertou con musicoloxía” “eu quero que cambien ao meu de cama, que me parece que non durme tranquilo ao lado deste” “e non poderían vostedes deixalo durmindo un par de días máis?” “pois voulles poñer unha reclamación, porque no recreo lles poñen fisiolóxico e no IES veciño poñen glucosado!”…ou sexa, case o mesmo conto.

  2. iesounonies said,

    Abril 17, 2010 ás 00:01

    O asunto ten o seu punto budista: digamos que canto mais tempo esteas en coma (ou nirvana) mais sabio rematas.

    • comotedigo said,

      Abril 17, 2010 ás 01:20

      ¿Qué es la vida? Un frenesí.
      ¿Qué es la vida? Una ilusión,
      una sombra, una ficción,
      y el mayor bien es pequeño:
      que toda la vida es sueño,
      y los sueños, sueños son.

      …diríannos cando espertasen


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: