Unha pequena maioría


Unha pequena maioría: dese xeito definía Anxo Lorenzo, socio e lingüista do actual Goberno da Xunta, aos 24 votos (contra 16) que no Consello Escolar de Galicia lle pediron que retirara o seu decreto de plutilingüismo. Interprétase así que os restantes 16 membros do Consello son, entón, unha gran minoría.

No Consello Escolar de Galicia, o máximo órgano consultivo da educación galega, e segundo aparece na prensa e notifican os sindicatos, os votos distribuíronse do seguinte xeito:

– a favor de continuar co decreto: 6 representantes da consellería, 2 alcaldes do PP, 2 representantes da Confederación de Empresarios, 2 titulares de centros privados e concertados, 2 representantes de recoñecido prestixio nomeados directamente pola consellaría e 2 da CONGAPA (Pais e Nais de Ensino Privado e Concertado) e o sindicato ANPE. Total: 16 (40%).

en contra: o resto, é dicir, todos os sindicatos agás ANPE, os Movementos de Renovación Pedagóxica, AS-PG, NEG, Escola Viva, o Seminario de Estudos Galegos; todos os pais e nais dos centros públicos representados na CONFAPA, todos os representantes do alumnado, os representantes da universidade, e os representantes da administración local do BNG e PSOE. Total: 24 (60%).

O Conselleiro Jesús Vázquez e o seu secretario xeral non poden ter mais xente enfadada: a Real Academia, o Consello da Cultura, os sindicatos, os partidos da oposición, os equipos de normalización, as asociacións de directores de institutos públicos, a asociación de escolas católicas, os movementos de renovación pedagóxica, as organizacións culturais de toda especie, as asociacións de escritores e editores, os premios naconais de literatura, as asociacións de pais e nais, o colexio de psicólogos, os reintegracionistas, os normativistas do outro bando, as asociacións profesionais e de defensa da lingua, agrupacións de docentes de primaria de castelán, castelanfalantes, galegofalantes, organismos internacionais e ata xente do propio PP. Toda unha pequena maioría.

A favor, eles mesmos, a organización matrimonial Galicia Bilingüe, Rosa Díez e Falanxe Auténtica. Unha gran minoría. Eso sí, teñen un millón de euros.

China: a casa clavo.

Advertisements

1 comentario

  1. Abril 9, 2010 ás 23:35

    […] detalles en IES ou non IES: Unha pequena maioría. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: