Que é WikiLeaks?


Versión en castellano.

A recente revelación dun vídeo mostrando o asesinato de dous periodistas (entre outras persoas) a mans das forzas de ocupación norteamericana en Iraq en 2007 fixo sair á luz pública o nome dunha páxina web chamada WikiLeaks.

WikiLeaks (algo así como wikisoplos, en inglés) é unha axencia de noticias independente que ten como obxectivo publicar documentos filtrados dende axencias gubernamentais e empresariais en contra dos intereses destas. Según consta  nesta entrevista a un dos seus representantes, neste momento xa publicou 1,2 millóns de documentos, e promete seguir facéndoo, na súa maioría procedentes de estados que exercen a represión e a censura sobre os seus ciudadáns.

WikiLeaks realiza o traballo que as grandes corporacións de comunicación non poden, ou non queren, levar a cabo: informar á cidadanía de aquelo que sos seus gobernos no desexan que se saiba. Para iso, WikiLeaks asegura, mediante diversos procedementos infiormáticos, o anonimato dos filtradores dos documentos e comprométese a non publicalos (embargalos) ata a data que o filtrador desexe. Posúe cinco redactores e 800 colaboradores. Algúns dos seus fundadores permanecen no anonimato por razóns obvias. O seu aloxador é PRQ, un proveedor sueco protexido polas estrictas leis escandinavas en materia de garantías contitucionais acerca da confidencialidade periodística e a liberdade de expresión.

O periodista australiano Julian Assange,
a cara visible de WikiLeaks.

WikiLeaks publicou, entre outros miles de documentos, 500.000 mensaxes interceptados durante o ataque ás Torres Xemelgas, informes da CIA ou a lista de páxinas web bloqueadas e censuradas polo goberno tailandés, dinamarqués e australiano. Foi este último o que, inmediatamente despois, en 2009, bloqueou á súa poboación o acceso á página de WikiLeaks. En 2009 o domicilio de Theodor Reppe, propietario do dominio wikileaks.de, foi asaltado pola policía. Facebook mantén bloqueados, no momento de redactar este post, os enlaces saíntes ao devandito vídeo.

WikiLeaks necesita fondos para manter o seu ancho de banda e sufragar os seus gastos, entre eles os das demandas xudiciais que prevén teña que afrontar nun futuro. Recentemente (24 de decembro de 2009) pechou parcialmente a páxina como forma de protesta para recaudar fondos. Na súa web [http://www.wikileaks.org/] pódese doar para o mantemento do servizo. Diferentes medios de comunicación (The Associated Press, Los Angeles Times, The American Civil Liberties Foundation, entre outros moitos) fixeron as súas achegas. Amnistía Internacional premiou á páxina co Premio ós Novos Medios.

Tras WikiLeaks parece atoparse a Wau Holland Foundation, que segundo figura na páxina de doazóns, xestiona os fondos da organización. Wau Holland é un coñecido hacker xermano, fundador da Chaos Computer Club, unha organización hacker. Neste punto, conviría distinguir entre hacker e cracker (criminal hacker, segundo a etimoloxía popular) algo que nos desviaría do tema, e que deixo á investigación do lector.

Non nos desviaría tanto reflexionar sobre un aspecto nuclear de todo este asunto. Os constantes intentos dos gobernos por controlar internet, denunciados de xeito constante por organizacións de usuarios, e os intereses de determinados lobbies por endurecer as leis sobre propiedade intelectual constitúen unha de las maiores ameazas actuais contra a democracia e o noso actual sistema de liberdades fundamentais. Se o devandito vídeo tivera caído en mans dunha axencia de prensa nada nos garantiría a seu visionado. A lei Sinde española, recentemente aprobada, está específicamente deseñada para poder pechar páxinas que enlacen a información protexida por dereitos de propiedade (como a periodística) sen a tutela xudicial efectiva. Soamente internet permite acceder a esta información, deliberadamente ocultada e manipulada polo Pentágono.

Este é o vídeo subtitulado en inglés. Advertimos que é moi desagradable, o que explica que youtube soamente permita o visionado previo rexistro.

Ligazóns alternativas: Dailymotion e Collateralmurders.

Información, ligazóns e ideas obtidas, en parte, a través de Meneame.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: