De Occulta Philosophia


En 1720, mentres regresaba dunha viaxe a Carlsbad, o compositor J. S. Bach recibiu unha das noticias mais trstes da súa vida: Maria Barbara, coa que tivera un feliz matrimonio de mais de doce anos e a que deixara en perfecto estado de saúde facía só unhas semanas, estaba morta e enterrada. O repentino e prematuro pasamento da súa muller sumiu ao compositor nunha profunda tristura.

Desa época data a composición, entre outras obras, da partita para violín solista, BWV 1004, dividida en cinco partes: allemande, courante, zarabanda, giga e chacona.

Estudos recentes revelan que a quinta sección (a chacona) é unha peza independente do resto da partita. En realidade trataríase dunha tombeau (un lamento fúnebre) adicado en segredo á súa esposa. Nesa época os compositores non compoñían para a súa propia vaidade o por un interese persoal: o compositor como artista independente que traballa por satisfacción propia ainda non existía (de feito Bach será un dos primeiros en encarnar esa figura, pero xa ao final da súa vida). Sen embargo a afición de Bach polos enigmas e a criptografía musical, así como polas parodias musicais e a inclusión de significados numerolóxicos nas súas obras levaron a algúns especialistas a analizar esta complicada e inusual partitura dende unha perspectiva persoal. Por exemplo, e case inadvertidamente, na composición atópanse insertados diferentes corales de significado relixioso (seguindo unha evolución temática dende o lamento ata a esperanza) que poderían ser proba de que a intencionaliade primeira da obra era distinta á súa simple integración nunha partita de maiores dimensiones.

Por iso ao seu valor estético e técnico a chacona suma o feito de revelaren unha parte importante da vida privada do compositor da que, para ben ou para mal, moi pouco sabemos. A inesperada morte de Maria Barbara, coa que tivera catro fillos, debeu ser un golpe importante na vida do compositor: sempre afirmou que o seu matrimonio fora especialmente feliz, o que tamén repetiría no caso da súa segunda muller, Ana Magdalena.

Todos os interpretes de renombre teñen a súa versión desta chacona de Bach, da que Brahms dixera que é “unha das mais marabillosas e misteriosas obras da historia da música”. Hoxe, por aquelo do comezo da semana santa, traemos dúas versións desta peza: a orixinal (BWV 1004, parte 5), interpretada por Yehudi Menuhin, e a reconstruida para laúde e voces coas corais que supostamente orixinaron a peza. A continuación engadimos uns enlaces ás corais orixinarias, por se alguén quere indagar a occulta philosophia da chacona.

Versión orixinal para violín.
Continuar a segunda parte aquí.

Reconstrucción para laúde e voz.
Continuar a segunda parte da reconstrucción aquí.

Ligazóns ás corais orixinarias:
1. Nengún poder humano pode doblegar á morte [Den Tod niemand zwingen kunnt].
2. Cristo estaba atado á morte [Christ lag in Todes Banden].
3. Das alturas do ceo, de alí veño [Vom Himmel hoch, da komm ich her].

.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: