Eutanasia activa


Primeiras reaccións de mestres e profesores contra as previsibles deposicións lexislativas en materia lingüística:

Que me manden a Inspección que queiran, eu seguirei empregando a miña lingua, polo menos ata que o bilingüismo social sexa real. (…) Continuarei dando matemáticas en galego, síntoo moito. (…) Seguirei impartíndoas na miña lingua, iso que o teñan ben claro. (Xornal de Galicia).

Por unha presa de votos radicais xa temos o país incendiado. Ese é o programa de goberno: gañadas as eleccións, limpeza étnica. O seguinte paso lóxico é o expediente disciplinario por dar a clase en galego.

Nunca se esixiu o cumplimento do lexislado en materia lingüística en Galicia: ¿comezaremos agora? Nin o goberno Fraga nin sequera o bipartito pasaron traballo en facer cumplir as leis, e o resultado foi un incumplimento xeralizado da norma en favor do castlán: no rural os rapaces entran na escola falando galego e saen falando castelán. Esa é a verdadeira faciana da imposición.

Como alguén comentou nalgún foro, a diferenza entre o antes e o agora é a que media entre a eutanasia pasiva (Fraga) e a eutanasia activa (Feijóo). Por iso este último, nun alarde sen precedentes na historia do Parlamento de Galicia, atrévese a traducir ler Alba de Gloria nunha traducción ao castelán (1).

E o que nos queda por ver…

Monolinguismo radical.

(1) Véxase Vieiros.

Advertisements

1 comentario

  1. iznogoud el infame said,

    Marzo 17, 2010 ás 00:14

    Unha provocación máis.
    É asúa estratexia. “eu lles dou unha patada nos ovos, eles se ofenden, e toda a prensa sicaria aproveita para clamar pola libertade de expresión e a súa intolerancia”
    Son simples mentireiros, pero como nos convenceron hai tempo de que mentir é pecado e eles son os bos, pois resulta que poden mentir sen máis problema.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: