O violinista sobre o tellado


Imaxine que un sábado calquera o Xefe Territorial (antigo Delegado de Educación) chama a súa casa (onde se atopa durmindo a sesta sobre o sofá) e lle dí que o teito do seu instituto cambiou repentinamente de concello, empurrado por unha cicloxénese explosiva.

Debe vostede entón coller o seu fráxil vehículo a motor de combustión interna e circular por carreteiras ateigadas de árbores caídas ata chegar a un lugar cheo de curiosos, policías, bombeiros, e por suposto, o xefe da empresa constructora que vai facer o arranxo (polo que se mira, un dos primeiros en chegar). O instituto aparece aberto coma unha lata de sardiñas enchéndose da auga que cae coma un castigo bíblico do ceo, mollando pacientemente todos eses obxectos que son esencialmente hidrofóbicos: libros, ordenadores, mobles e traballiños dos rapaces.

Os teitos dos colexios galegos parecen feitos de cartón. En vez dunha xornada de portas abertas, algúns poderían facer xornadas de teitos desprendidos: como unha casiña de bonecas, ahí pode ver vostede o laboratorio de idiomas, a biblioteca, o señor secretario sorprendido no baño…

En Galicia os temporais teñen sempre unha lectura política: é unha sorte, porque eso significa que toda a administración autonómica ponse en estado de alerta. Hai sobreabundancia de cargos por todos os lados. Fala un con xente que nin sabía que tiña esencia corpórea. E o que leva décadas sen arranxar prométese poñer novo do trinque: aquí non pasou nada. Ninguén se pregunta por qué a cuberta levaba catorce anos sen anclaxe, ou qué facían eses canalóns de aluminio collidos con rermaches para aceiro. Ninguén calcula cantos pescozos de rapazes podería ter rebanado esa plancha de metal se tivera voado en pleno recreo. E así, por exemplo, esa espantosa goteira que todos os invernos empregaba o profe de xeografía para ensinar o poder erosivo das cataratas resulta ser un destrozo recén producido por un axente climatolóxico adverso. Xa postos, o arranxamos. Unha maravilla, oiga.

Minutos musicales:

Isaac Stern: O violinista sobre o tellado.

Advertisements

5 Comentarios

  1. comotedigo said,

    Marzo 1, 2010 ás 22:43

    E en vez de pedir responsabilidades polas obras mal feitas, polo risco corrido durante tanto tempo, os pais deses rapaces que pasaban 32 horas á semana baixo un teito de cartón pousado, que non suxeito, sobre o edificio, quedarán encantados e ata agradecidos cando rapidamente se lle poña unha cuberta nova…que eficacia a deste goberno. Les a prensa, e case todos os destrozos son en centros educativos e edificios deportivos…os que teñen un maior aforo e con xente de menor idade. É abraiante que os nosos políticos non leran o conto dos tres porquiños.

  2. iesounonies said,

    Marzo 1, 2010 ás 23:05

    Quen tolerou a desfeita sería en realidade doutro gobreno. Vale que do mesmo partido, claro. En realidade, mais que unha lectura política, esto ten unha lectura administrativa; mais que unha crítica a un partido, esto debería entenderse como unha crítica ao funcionamento da administración.

  3. Marzo 2, 2010 ás 01:23

    “Les a prensa, e case todos os destrozos son en centros educativos e edificios deportivos…” E naves industriais, tamén.

    É así sempre que ven mal tempo, sempre.

    Os colexios e institutos son “o Haití” deste país, onde todo rompe coa mínima inclemencia (aparte das pingueiras nosas de cada día e demáis desperfectos estruturais de amaño case imposible).

    Isto é moi grave.
    Non é de goberno e de partido? É posible que ao fugaz bipartito non lle dera tempo a arranxar esas chapuzas de sempre e de todas partes. Eu personalmente penso que si é de partido, en boa parte.

    Parabéns polo humor que tes, iesounonies!

  4. iznogoud el infame said,

    Marzo 2, 2010 ás 22:15

    Preciosao video do violinista no tellado.
    Fíxate na traxectoira do Sol. Primeiro pensei que sería unha foto fixa, pero, tal como se move osol, parece unha filmación nunha latitude moi ao Norte, (ou Sur). É realment precioso

    • a nai do troiano said,

      Marzo 8, 2010 ás 21:34

      Por que dis que a traxectoria é dunha latitude moi alta? Eu non vexo, no pouco que aprezo, que sexa moi inclinada respecto do horizonte. Ademais, os exteriores da película foron rodados en Croacia…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: